A solución
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 31 de octubre de 2011
Ceo gris. Tormentoso. Se digo que unha nube branca revira pouco a pouco á cor negra é porque a climatoloxía está cambiando. Cambiou.
Hai unha hora, o sol case queimaba. Pero sen queimar. Agora, o sol acochou entre eses nuboeiros de cor negra e que, en algún lado, deixarán caer unhas gotas de chuvia e, ata máis seguro, unha boa treboada.
Tamén quererá chover sobre a miña cabeza, pero... que non o intente; veríame na obriga de abrir un paraugas. De rapaz non me importaba mollarme. Pero xa non son un rapaz; nin para mollarme nin para botarme a correr e acubillarme.
A solución está no paraugas.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora