Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Socialización dos sacrificios

jueves, 27 de octubre de 2011
DESDE O PREGUNTORIO

Volveu a darlle á barrila a Canciller alamana Sra. Markel dicindo que hai que inxectarlles ao bancos uns 200.000 millóns de euros, que sumarían aos 4,6 billóns que a EU comprometeu desde o inicio da crise (estafa). Ou sexa darlle aos bancos máis diñeiro público. Son como pirañas insaciables, temos que recapitalizar aos provocadores da “estafa” con noso diñeiro, para logo recortar en sanidade e educación. Róubannos a mans cheas na mesma cara e non espabilamos.

Se estes gobernantes submisos teñen ganas de facer agasallos co diñeiro dos nosos impostos, que o fagan das súas contas persoais. Vólvennos a vender a mesma burra polo mesmo prezo, pero tres anos máis vella, aínda que non está para moitos trotes, non baixan dela nin a paus.

Recollendo informes oficiais e privados, ollamos que a banca española gañou máis de 14 mil millóns de euros o ano pasado. Facenda informa que as grandes empresas e fortunas defraudan máis de 42 mil millóns. O gasto militar foi de 17 mil millóns do ano 2010.

Beneficios bancarios máis fraude e gasto militar, suman como 74 mil millóns de euros,por iso non chego a entender os recortes do que estes políticos “vendidos” chámanlle “gasto social”. Que lle metan man a todo este fraude que está fuxindo polos sumidoiros dos paraísos fiscais.

Arranxen dunha vez esta “estafa” que, cada vez que se xuntan nesas “cumbres” do bo xantar e o bo beber, tremen ata as galiñas do curral. Máis de cen anos de loita e mortes para obter uns mínimos dereitos sociais, e en catro anos imos retroceder un século, por mor duns políticos mediocres e vendidos, uns “gángsters” financeiros e uns multimillonarios señores da guerra cobizosos que teñen nomes e apelidos. A todo isto eu chámolle: privatización dos seus praceres e socialización dos nosos sacrificios.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES