Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cinemómetros de tramo

martes, 01 de noviembre de 2011
O último invento da técnica para a circulación rodada recibe o nome de “Cinemómetro de tramo”, e un deles, alomenos un, vai ser colocado en Galicia.
Ata agora, os que viñan funcionando en determinados puntos da nosa xeografía viaria, eran os chamados “radares”, fixos ou móviles, que controlaban a velocidade dos vehículos que pasaban ó seu carón, calculando a velocidade coa que se alonxaban desde aquel punto.
O sistema, que en canto a radares fixos tiña que estar convenientemente sinalizado, tiña imperfeccións e Tráfico xa prevía un posible erro de ata un dez por cento nos cálculos polo que, por exemplo, nos tramos en que se pode circular a 120 non se orixinaba multa ata a velocidade de máis de 132 km. por hora.
Xa apareceron multas a 131, polo que cabe supoñer que os artiluxios son cada vez máis perfectos. E agora aparecen os cinemómetros de tramo que, como o seu nome indica, non controlan a velocidade nun punto determinado senón nun determinado tramo no que haberá que manter unha velocidade suxeita ó límite que se fixe.
Para os radares normales, a picaresca marcaba que o conductor ía á velocidade que estimaba conveniente e cando aparecía o sinal de existencia dun radar frenaba, mantiñase un tempo esa velocidade ata rebasar amplamente o visible mecanismo existente á beira da estrada, e logo volvíase a circular á velocidade que o conductor estimaba conveniente. A técnica permite perfeccionar o sistema, e controlar que o conductor mantén a súa velocidade durante un determinado tempo nun tramo da estrada no que se controla a hora de entrada e a de saída, debendo ofrecer un resultado acorde coas limitacións da vía.
Un tramo da Ap 9, entre Fene e Neda parece ser que vai actuar como tramo experimental do novo sistema, que cando se poña en funcionamento controlará máis axustadamente o discurrir do tráfico na zona a controlar.
Acostumbrémonos ó concepto, que moi axiña teremos que afacernos ó seu control e resultados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania