Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reciclar o lixo

lunes, 31 de octubre de 2011
Entre as asignaturas pendentes, os galegos temos a do reciclado do lixo, no que non damos a talla a pesar dos esforzos das diversas institucións porque colaboremos en este delicado e importante terreo.
Haberá que empezar pola cantidade de lixo que os galegos producimos que ven ser de maís dun millón de toneladas ó ano, o que ven supoñer que cada un de nós produce arredor de kilo e cuarto de residuos, cada día. O que se pretende é non aumentar esta voluminosa producción e conseguir que se reduza arredor dun 10% para o ano 2020.
E logo hai que reciclar, de maneira que os materiais que se poidan utilizar se depositen nos lugares pertinentes e consigan chegar ás fábricas que os van reutilizar, co conseguinte beneficio económico e social.
Galicia neste momento está reciclando arredor dun 10% do lixo total que se produce, que se parece unha cifra xa importante hai que ter en conta que a media española está arredor dun 15%, e a media da Unión Europea no 24%. Eis o camiño a recorrer, no que levamos un sustancial retraso.
Segundo a Consellería de Medio Ambiente, en Galicia recíclase o 45% do vidro, o 22% de papel e cartón, o 14% de envases lixeifros, e só o 3% da materia organica. Conseguir equilibrar á alza estas cifras é tamén unha necesidade urxente.
Hai que mentalizar, temos que mentalizarnos, sobre a colaboración coas institucións por parte dos particulares, e conseguir que todo o lixo se distribúa nos contedores axeitados, para iniciar así o proceso de reciclado. E as administracións teñen que conseguir que haxa contedores abondos, de todas as clases previstas, para que os cidadáns poidamos colaborar. E a partir de aí, que a recollida sexa puntual, que o lixo chegue ó lugar que corresponde, que todo o proceso funcione como un reloxio para conseguir os fins que se pretende.
Pero moito queda por facer, xa que amplas zonas do noso rural non teñen recollida selectiva e mentras que nas cidades e localidades importantes cada anaco de lixo ten o seu lugar, hai moitos concellos nos que a recollida é global co que se perde unha gran oportunidade de negocio e de reciclado.
Moito depende da nosa educación como cidadáns. Moito tamén das administracións. Entre todos poderemos conseguirlo, porque non están os tempos para despreciar nada e o reciclado do lixo ten –e vai ter moito máis- unha gran significación económica e ambiental.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania