Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tristura por Gadafi

miércoles, 26 de octubre de 2011
A morte de Gadafi produciume unha certa tristura por partida doble, social e persoal, humanas ambalas dúas, que sei que teño que razoar.
Dunha banda, tristura social por pertencer a unha colectividade – hispana, europea, occidental... humana en fin- que lle bailou a auga ao dictador mentras lle foi útil, ignorando as súas ridículas vestimentas, a súa escolta dun cento de virxes, os seus comportamentos antidemocráticos e aínda supostamente terroristas... porque era un dictador amigo, un amigo rico, con petróleo, que investía incontables riquezas en lugares amigos coma o noso. Tristura por unha sociedade na que todo vale con tal que un sexa aparentemente, ostentosamente, rico.
E outra tristura atendendo á persoa, vendo o triste final dalgúns que en vida tiveron consigo toda a gloria do mundo.
Franco, despois de case corenta anos de poder absoluto, veu morrer na cama, si, pero feito unha piltrafa humana, prolongando os seus sufrimentos o “equipo medico habitual” por decisión da súa familia máis directa. Hoxe non hai lembranzas do outrora todopoderoso Caudillo nin no nome da súa cidade natal.
Ceaucescu, que en vida se tiña por un dos máis humanos dos feroces dictadores comunistas morreu –xunto coa súa dona- tiroteado nun triste alboio coma un can rabioso que se sacrifica. Algúns anos despois da súa morte, puiden comprobar que en Rumanía non existía nin a máis mínima mención pública do seu nome. Borrada a súa memoria como se non existise.
Logo, Sadan Hussein, aforcado despois de pasar os últimos tempos da súa vida nun zulo inmundo. E agora Gadafi, despois de corenta anos de gloria e poder, morre linchado polo seu pobo, na agonía dun tempo ó que non soubo poñer remate. Triste fin para unha vida de opulencia e poder ilimitado.
Antes, os nosos devanceiros, aspiraban -por riba de calquer outro desexo- a ter unha boa morte, quizais entendendo que unha boa morte é un bo comezo para a vida de despois.
Normalmente, quizais a morte depende da vida que a persoa teña levado, e moitos consideramos que a mellor morte é aquela que non se dilata demasiado, e se produce tendo arredor a xente que un quere para ter un tránsito feliz entre esta vida e o descoñecido.
Por eso a miña tristura diante da morte de Gadafi. Tristura, quede claro, parella á que sentiría ao ver un can que morre de xeito alevoso nas mans do seu dono ou de calquera malvado sen escrúpulos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania