Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Eres nas empresas

jueves, 27 de octubre de 2011
As regulacións de emprego – os Eres- son a fórmula que algunhas empresas teñen que empregar para afrontar tempos difíciles coma os que agora están vindo.
A crise que aletarga a vida comercial e industrial, vai pouco a pouco mermando a capacidade de maniobra de pequenas e medianas empresas que se ven imposibilitadas de seguir a súa vida normal por minoración de ingresos, mantemento de custos, escasez de cretos bancarios e a situación que non leva trazas de mellorar.
Algunhas empresas van logrando sobrevivir coa xubilación de personal que non é sustituido, adiantando outras xubilacións e a través dos Eres, que significa a suspensión de contratos durante un tempo determinado e a un número determinado de traballadores.
O último Ere publicado ata agora foi o de Mobles Hermida, en Vilanova de Lourenzá, en terras lucenses, que plantea un para cen dos seus case douscentos traballadores.
A noticia foi un mazazo para toda a mariña lucense onde esta empresa ten fondas raíces e moi importante actividade. Pero está incluída nun sector con problemas, complementario da anquilosada construcción, que non vive tampouco os seus mellores momentos.
Coñecida a noticia, forzas políticas e sindicatos pronunciáronse ó respecto tanto para pedir que o Ere non fose aceptado como para laiarse dunha perda tan importante dentro do panorama laboral galego.
De nada vale laiarse como de nada vale interferir no proceso normal dunha regulación de emprego, que ben sabe a Administración cales son as súas prerrogativas e os procedementos legais a seguir.
Quen se pronuncia dun xeito visceral, partidista ou sindicalista nun tema coma este, sexa cal sexa a empresa, esquece a razón principal onde se basea calquera decisión empresarial.
O consumo retráese, e as empresas de servizos, todas as empresas en xeral, están preparadas para un determinado movemento comercial que non pode improvisarse. E se falla repentinamente, como está fallando, a demanda, a oferta deberá constreñirse de xeito proporcional. A menos que se poidan abrir outros camiños, dentro ou fóra do país, polos que poida discurrir fluidamente a actividade empresarial.
Ningunha empresa afrontará un Ere sen fundamento, polo descrédito, pola repercusión interior e exterior da decisión. Cando algo así se acorda, é por algo grave. E esa gravidade non pode ser respondida con frivolidades repentinas, senón ser detidamente estudiada por se existe algún outro tipo de solucións, aportando de xeito constructivo ideas e solucións.
Estamos en tempo de Eres nas pequenas e medianas empresas. Moita “alegría” hai que insuflar na nosa sociedade para que deamos pasado esta longa travesía no deserto comercial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES