Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O carril de ferro

miércoles, 26 de octubre de 2011
Parece que Europa vai apostar polo ferrocarril, e que Galicia estará contemplada na Rede de ferrocarrís europeos.
Este medio de transporte de viaxeiros e mercadorías esmoreceu hai tempo porque non se lle prestou a atención precisa e outros sistemas por estrada ou polo aire lle colleron a dianteira. Certo que para o ferrocarril fan falla investimentos moi importantes, pro do mesmo xeito que os houbo para outras comunicacións ben puido atenderse o tren para que non o esquecéramos nos nosos desplazamentos.
Europa, sempre Europa, recuperará o tren do tren, aínda que leve -como corresponde a todas as grandes obras- longo tempo desenvolver un proxecto coma este que pon o seu obxectivo aló por 2020.
Din que é un proxecto “mallado” co que se remata co sistema radial que sempre imperou en España, e no que parecía que todo funcionaba en razón de Madrid, a capital, e alí confluían todos os caminos de ferro. Se agorá haberá un necesario eixe, este será en función de Europa, comunidade que será a que aporte a maior parte do investimento preciso que chega a 31.700 millóns de euros.
No futuro sistema de comunicacións por ferrocarril, España sae especialmente beneficiada con corredores para conectar o Atlántico e o Cantábrico co Mediterráneo e todos eles co resto de Europa. E Galicia sae beneficiada nas súas conexións con Portugal, entre Ferrol e Vigo, e potenciando o núcleo de Monforte que pode volver a ter o esplendor ferroviario que fixo grande a esta cidade.
As vantaxes que o ferrocarril presentan son de índole económica, pero tamén na reducción de emisións contaminantes, temas os dous de primeirísima importancia no presente e no futuro.
Moi posiblemente, con estes novos camiños de ferro, Galicia estará máis preto do resto das comunidades do Estado, e do resto da Unión Europea. E para un pobo que tivo no aillamento o seu principal problema histórico, é tremendamente importante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania