Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Presións da Axencia Tributraria

miércoles, 27 de octubre de 2004
A Axencia Tributaria, cambiándolle o nome ó galego, é a escala provincial o correspondente departamento do Goberno do Estado, que recada os nosos impostos. Ven corresponder ó que antes chamabamos globalmente "Hacienda", que hai que diferenciar ben de "Facenda", consellería da Xunta de Galicia.

Un amigo meu ten problemas coa axencia tributaria por unha declaración de 2002, diante da que só puido alegar "un erro na transcrición de cantidades, non obrándose de mala fe, xa que a administrición corrixiu o erro en base á declaración de 1999".

A Administración desestima esta alegación indicando que non é necesaria a concurrencia de dolo senon que basta que se aprecie simple neglixencia, e -neste caso- omitiuse o mínimo deber de cuidado esixible".

En consecuencia, fanlle dúas liquidacións de sanción (con arreglo a unha ley de 1963 e outra de 2003), aplicándolle -eso sí- a máis favorable, que resulta ser a máis antiga.

Nesa sanción aplícanlle unha reducción do 30% por "conformidade coa regularización", e un 25% por "ingreso en período voluntario e conformidade coa sanción".

Pero se se presenta recurso ou reclamación contra esta resolución, non hai reducción. E a reducción por "ingreso en período voluntario e conformidade coa sanción", só se aplica "se non se fai solicitude de fraccionamento ou aprazamento do pago, e non se interpón recurso ou reclamación contra a liquidación ou sanción".

É dicir: Ou pagas polas boas, ou corres o perigo de pagar logo o dobre.

Paréceme unha presión intolerable esta política de recadar rápido como sexa, poñendo ós contribuíntes na disxuntiva de exercer os seus dereitos ou aproveitar esa rebaixa por aquelo de "máis vale paxaro na man".

Os procedementos dos recadadores sempre son expeditivos. Neste caso, a Axencia Tributaria ten aprendidas leccións que seguro son legais pero distan moito de ser presentables.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES