Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ano mais chega 'o Castanhazo Rock' a Chantada

miércoles, 26 de octubre de 2011
Un ano mais chega o Castanhazo Rock a terras de Chantada. O vindeiro sábado numerosos mozos de toda Galiza acudirán ao mercado gandeiro da vila miñota para ver as actuacións de grupos como Reincidentes (Sevilla), Habeas Corpus (Madrid) ou Bohemian Betyars (Hungría), entre outros. Pero o cartel de concertos é só unha parte de todo o que nos ofrece este festival.

É recomendable que as lectoras e lectores que se acheguen ata a vila o fagan a partir das 12 da mañá para disfrutar das primeiras cuncas de viño ribeirao ao ritmo de cantos tabernarios polos bares do pobo.

O visitante debe de repoñer forzas cun bo xantar, xa que a tarde resérvalle intensas emocións que non pode deixar de vivir. Ás 16:30 darán comezo os IV Xogos Bravús, onde varios equipos de mozas e mozos competirán a través de probas como: lanzamento de boina, movemento de marcos, corrida de leiteiras e a gran novidade deste ano! O arrebolamento de ourizo.

O Castanhazo Rock é unha iniciativa dun grupo de mozas e mozos chantadinos que, segundo as súas propias verbas, no outono de 1993 “decidimos cometer un asasinato. A vítima, o aburrimento”, e abofé que foi premeditado e con alevosía! Dende este asasinato foron moitos os grupos que pisaron o escenario do Castanhazo: Os Diplomáticos de Monte Alto, Herdeiros da Crus, os Papaqueixos, Manolo Kabezabolo, os Tres Trebóns, os Cuchufellos, Ruxe ruxe e moitos mais.

Quen se acerque a Chantada este ano, ben seguro disfrutará dun ambiente festeiro que pide ser disfrutado en fraternidade, ao carón daquela xente coa que un acostuma a compartir os bos recordos, eses que nos fan escachar a gargalladas mais alá dos anos. Certamente as alforxas dos asistentes abandonarán a vila cheas de ledicia, como todos os anos! Por iso o que vén sempre volve, pero nunca volve só, xa que ano tras ano somos máis oa que asasinamos o aburrimento entre castañas, billarda, cantos tabernarios e xogos bravús.

QUE EMPECE A FESTA XA!
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES