En Galicia acontecen fitos interesantes
Rivero, Manuel - martes, 25 de octubre de 2011
Un síntese orgulloso, ó ver que na nosa terra acontecen fitos extraordinarios en relación coa felicidade, o talento, o mentoring e o coaching.
Os pasados días 21 e 22 de outubro, celebrouse na cidade da Coruña, organizado por AEDIPE, a segunda Conferencia Internacional: Felicidad en el trabajo, el talento de las personas, nun espazo tan entrañable como é a Fundación Barrié.
É de xustiza felicitar os organizadores, tanto por a calidade dos poñentes, que viñeron de diferentes puntos: México, Estados Unidos, Italia, Portugal e España; do número e calidade dos convocados, así como, por a collida e o trato recibido o largo destes dous días, tan intensos e tan entrañables. Todo fluía con precisión, por momentos sentíase esa sensación de flow e de benestar, na que se creaba unha atmosfera única e irrepetible.
Un síntese un privilexiado por tres motivos: primeiro por ser invitado como poñente; en segundo lugar por poder aprender e desaprender; e en terceiro lugar por ter a oportunidade de ver a felicidade e o talento desde diferentes puntos de vista. Esta visión sistémica, enriquece a nosa forma de pensar e de interpretar a realidade.
Cando inda estamos revivindo de forma intensa eses momentos máxicos, xa estamos convocados a un segundo evento, que tamén vai por a terceira edición. Estou a falar do XIC11. Das Terceiras Xornadas Internacionais de Coaching, superando límites, nas que nos volvemos a encontrar con expertos de primeiro nivel, entre eles está Robert Dils.
Estas terceiras xornadas internacionais de coaching, vanse a celebrar en Santiago os próximos días 10 e 11 de novembro.
Deben de ter algo especial, dado que, enganchan. Para máis información en www.xornadascoaching.es.

Rivero, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora