Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mini e Mero

martes, 25 de octubre de 2011
Déronlles o premio Facer País, en Láncara, a mediados de outubro. Poucos galegos haberá que non saiban quen é Mini, o da voz de trono (Xosé Luis Rivas Cruz) e Mero, o da emoción (Baldomero Iglesias Dobarrio). Ou Mero e Mini, se se mencionan por orde alfabética, que entón serían – e é verdade tamén- Mero a voz do trono e Mini o da emoción.
Cantan desde hai case medio século. Cumpridos os sesenta, téñense xubilado – Vidas paralelas- do maxisterio pero nunca se xubilarán de cantar, de falar desde un escenario ou a rás do chan, de pescudar e divulgar, de ser galegos desde o máis fondo das súas almas ata o máis elevado do seu canto, de axudar a todos os que precisan axuda, de abrazar todo canto merece ser abrazado, de comprometerse.
Teñen tido todo tipo de homenaxes porque os que temos algunha relación con eles non temos mellor xeito de dicirlles que son “primun inter pares” entre os que amamos esta terra e as súas xentes; que sabemos o seu amor desmesurado pola terra, amor efectivo que se traduce en pescudar e saber, en falar e analizar, en cantar e contar, en vivir en fin nesta terra nosa da que cada día descubrimos un anaco do que nos falta por coñecer e querer.
Mini e Mero (Mero e Mini se os ordenamos por orde alfabética) foron a alma de Fuxan os Ventos, son a alma de A Quenlla, revolucionaron o noso xeito de entender a música e a canción galegas, que mentras non se demostre o contrario son a alma deste vello pobo no que tivemos a honra de nacer, e do que somos honrosos recipiendarios – responsables- da transmisión hacia o futuro dunha civilización, dun xeito de vivir, dunha cultura.
Mini e Mero foron premiados por “facer país”. Nós non debemos facer outra cousa que deixar constancia do premio, e acreditar que son xenerosos no seu traballo e na súa vida, que son bós – como dicía Machado- “en el buen sentido de la palabra bueno”, que teñen formado cadansúa familia afortunada e feliz pero, sobre todo, forman parte laboriosa e destacada da gran familia galega á que todos pertencemos aínda que moitos non o saben ou/e non o sintan.
Parabéns, Mini e Mero, por facer país. E nós que sigamos comprobándoo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES