Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coma lobos

lunes, 24 de octubre de 2011
Case nos botamos a el coma lobos. Os dous. A muller e máis eu. Agora dáme pena. Pero dende abaixo, dende o portal, incluso xa dende a beirarrúa xa se oían os berros do pequeno. E os choros. E a rabia, a carraxe que nadaba nas súas bágoas.

O maior estaba a facerlle a vida imposible. E o enfado noso xa viña de moito antes; porque o pequeno xa nos chamara por teléfono chorando e dicindo que o irmán non o deixaba en paz.

Entón, claro, abrimos a porta da casa, vimos ao pequeno chorar e fomos coma lobos na procura do outro. Acochado detrás dunha porta. Berros con el. Incluso algún intento de labazada. Doe berrarlle a un fillo. Pero, ás veces, non queda outro remedio. E o maior é cabezón coma el só.

Emporiso, agora, o remordemento furga na conciencia. Perdón, fillo, pero es moi testán.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania