Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Caso Grandío (III)

miércoles, 27 de octubre de 2004
O Caso Grando (III) O Caso Grando (III) Especial encanto ten o cadro de “A Voda” (1974) que, ignoro porqué, lémbrame ó expresionista “Home Branco”(1907) de Feininger. Despois de concluir a súa actuación, sete personaxes da máis real comedia humán imaxinable semellan asomarse ó proscenio da vida para saudar. Coitados pero dereitos e en orden, todos menos o cura, esperan así a nosa aprobación. O enigmático home negro, co seu estraño sombreiro de cerimonia, semella querer reter inda xunto a noiva a unha restra de irmáns menores; todos agarimosamente collidos da man. Unha aureola branca rodea ás figuras, coma se tiveran o mencer ás costas. Somentes a noiva, coma diría Hölderlin, brila xa na súa propia e clara luz. Nada pode ser máis simpático, delicado e poético, sí, pero tampouco máis enigmático.

O retrato de Franco (1973), tan xaleado, pode que sea tan bo coma din precisamente polo repulsivo. Dende un aburrido sillón, que ata agora durmía ostentosamente nas tebras do éxito cuarteleiro, e dende tamén o xa desmedrado corpo do xeneral -que Grandío suliña colgándolle as pernas e referéndolle claramente o volume a unha invariable cabeza- Franco levanta unha cara plana, fría, blindada, trala que se esconden moitas lembranzas e decisións capitales tomadas en soidade. ¡A qué gran distancia está este home do Home! Martínez de Andrade, bo amigo e Grandío, retratábao simultaneamente dicindo: “Ni amor ni placer precedieron / a tu inercia escatológica. / Ni vil eres. No eres nada. Nada”.

Paradóxicamente “A cea dos Ministros” (1973) semella ser un dos máis fermosos e simples cadros que Tino teña feito. Descoñecido no 2000 para min, inda me lembro de como, no Museo de Castrelos -e ante a sorpresa dunha guía que non coñecía a Tino-, puiden avistalo a considerable distancia, dende un pasillo. A tal punto era característico e brilaba coma unha estrela. Ou quizáis, máis exactamente, como unha perla. Unha gran perla verde pálido, algo marela; moi rara, moi suave, delicada e suntuosa, co seu irrepetible “oriente” -ese miragre da luz-.

As figuras, do xeito habitual, reciben de non se sabe onde unha aureola branca mentres que da escuridade surxen camareiros solícitos e delicados vidros. Franco tamén estaba alí, pero non pasaba nada. É coma se non estivese. Non rechazar nada, non elexir nada dicían polo visto os prerafaelitas, inda que con ben distintos designios. Pero, sendo esta pintura claramente literaria, o problema tanto para eles coma para nos agora é: pero entón, ¿qué é o que estamos vendo? Pode que a solución do misterio de Grandío e de tantos outros sea que polo cedazo da comprensión conceptual non poda pasar nunca a parva pictórica; que o seu misterio non sexa tal, que sexa ela mesma.

Sempre tivo Tino unha certa debilidade por mortos e velatorios -mortos todos eles sorridentes, mesmo nenos sempre arrodeados de agarimosas nais, amigos inocentes e curas bondadosos; todos igualmente acomodados e satisfeitos-.

Non podemos deixar de citar eiquí, inda que sexa de paso, os formidables cadros “Retrato da miña nai” (1959), “O cazador” (1955), “A pasarela”(1974), “Marido con problemas” 1974), “A cesárea” (1973)...

Contribución ó “catálogo Grandío” de demasías e campionatos
-Flotou a mirada do inventor da pintura.
-É un dos pintores máis pintores da historia da pintura.
-(...) eses lenzos non son a obra dun pintor só senon a esencia da sensibilidade de tódolos pintores que no mundo foron.
-O gris é un invento de Grandío.
-Ninguén chegou a descifralo misterio dos seus pinceles ou da súa pluma.
-Grandío, o pintor, e poeta, fabulador, (...), e organista.
-(Juan Pardo, cantautor dun “long play” ilustrado por Grandío) é un dos compositores máis importantes da música contemporánea española.
-Porque de infinitos e non de pinturas convencionais está feita a infinita obra de Grandío.
-Grandío cazador era en realidade un cazador de aire.
(Olano)
-A cor ou as cores resúltanlle vergonzantes porque empeñou o seu honor en facer cadros non bandeiras.
-É odiosamente seu, é irresistiblemente noso.
(Faraldo)
-O alucinatorio e máilo vivido fan un só pan nistas pinturas.
-Para min, Tino Grandío é na pintura o que Valle Inclán é na literatura. E os dous son os descubridores dos misterios de Galicia
(Alfaro)
-Pintalo aire é coma esculpir fume, coma falar sin palabras...
(Castro Arines)
-“...coido sinceramente que Grandío é o máis grande pintor do noso tempo”
(Pilar “Fauna´s”)
-(O de Franco) é o retrato máis fabuloso do século XX español.
-“... la Galicia de los grises Grandío, serena y suave como unha melodía para piano solo (disimulada con la gaita)”
-“sentiremos siempre la nostalgia de los ojos plateados de Constantino Grandío, subterráneos ahora”.
(Campoy)
A salvo un evidente anque innecesario recoñecimento da categoría histórica e nacional de Tino, coido que poucas distas cousas son cribles. Pero, ademais, despois disto ¡a ver quen pinta agora!. Logo de que Tino inventara a pintura, imaxínense vostedes coma habería que poñerse para pintar infinitos, cazar aires con escopeta e can, samargullear no misterio, facerse vergonzantemente irresistible e odioso, falar sen palabras e logo, por se fora pouco, inda ter tempo de tocar ¡melodías! nun piano que non só debe ser piano senón piano só. Finalmente inda teríamos que tocala gaita para disimular todo esto: non sabemos se á melodía ou ó piano-.
¡Nin un contorsionista! Proben vostedes senón diante un espello.
Por grande que sexa a nostalxia, chamar “ollos subterráneos” ós dun defunto de sete anos, é moito chamar. E descubrir misterios, e non o misterio que hai neles, é xa moito masoquismo.
Coido que non podemos condenar ó noso pintor a oir eternamente o eco das súas propias baladronadas; máxime cando, con elas, o único que el pretendía era exercer a honrada actividade do comercio. Convén aforrarlle xa a Tino tanto fragor de campionatos, hinchas e funerarias. Temos que recuperalo para historia, para verdade certa e tranquila da súa fermosísima pintura.

Final
Este é, coido eu, o formidable “Caso Grandío”. Pero moi ben puidera ser tódolo contrario.

_______
* Por estar case tódala pintura de Grandío amplamente difundida, reproducimos eiquí somentes outra que nono está tanto.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES