Decisións
							Xiz, Xulio - viernes, 21 de octubre de 2011
							  	No concello pontevedrés de Crecente, con motivo das festas patronais, adoptaron un sistema de sorteo que estirando moito o concepto case podería quedar incluido como decisión salomónica.
	A comisión organizadora decidiu sortear mil euros entre os parroquianos, encargando a Felisa de Remigio como man inocente que solucionase o problema. 
Para dilucidar o premio ou premios, dividiron o campo de fútbol da localidade de Vilas en 1.008 casiñas e soltaron a vaca Felisa, propiedade do veciño Remigio, para que aplicando a lei da natureza  decidise cal ou cales serían os afortunados gañadores.
	Unha vez Felisa no campo, levoulle somente dous minutos determinar cos seus excrementos os catro lugares debidamente identificados que correspondían ós veciños que se ían repartir os mil euros de premio.
	O resultado non pode ser máis democrático, ecolóxico, sen artificios. Ben pensado, moitas decisións que as veces tomamos os humanos terían máis fundamento e sentido se llas encomendásemos a calquera Felisa das que abundan polo noso rural.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora