Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Coruña / La Coruña

martes, 26 de octubre de 2004
Eu quero crer que o único que ten problemas co nome de A CORUÑA é o seu alcalde, Paco Vázquez. Pero que Paco Vázquez cando toma a peito este tema, é porque entende que o empecinamento garántelle un determinado número de votos.

Non hai moitos documentos, porque a súa conversión foi en firme. Pero eu poido xurar que escoitei unha vez falar galego por unha emisora de radio ó Alcalde de A Coruña, e que o facía bastante ben. E conservo unha cinta de video na que este mesmo político se manifesta en favor do Estatuto de Galicia, e fala en galego sobre o aldraxe que para Galicia suporía que non se aprobase un Estatuto á altura do País. Claro que desto fai perto de 25 anos.

Por Lei, o nome da cidade que é "cabeza, guarda y llave del Reino de Galicia" é o de A Coruña. Pero moi axiña vai poder recuperar o de La Coruña, mercede á liberdade que lle dará o ser "gran cidade", facendo vixentes os dous de xeito legal como viñan séndoo desde hai anos "de facto".

Así, determinados medios informativos -TVE e RNE, por exemplo- poderán seguir exercendo libremente a súa monodenominación. Parecen querer marcar a diferencia de consideración existente entre comunidades, e mentras se esforzan ata o extremo en pronunciar cidades e institucións catalanas, cando pasan por riba de Galicia arrasan coas particularidades e recurren ó para eles máis cómodo castelán.

Polo que se ve, o maior problema que a cidade de A Coruña/La Coruña ten, é a perda da súa antiga denominación castelá. Pois vai quedar resolto moi axiña. Pode Paco Vázquez respirar tranquilo.

Un problema menos. Un satisfeito máis. E a inmensa maioría, a pasar do non problema.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES