Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celso Emilio e Valentín

jueves, 20 de octubre de 2011
Que lonxano queda aquello de “Galicia, nunca fértil en poetas” de Lope de Vega, que vese que descoñecía a vea literaria deste país. Galicia puido ser sempre berce de “ilustres capitanes y letrados” como quería o grande escritor, pero desde os trovadores medievais e o mesmo Alfonso X – o idioma marca a patria literaria de cada quen – ata os nosos días, a poesía galega raiou a gran altura como a historia non se cansa de acreditar.
Dous dos nosos grandes da poesía van ser homenaxeados en 2012. Por unha parte, a Real Academia Galega vai dedicar o noso Día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade, poeta e empresario, o profeta do noso mar, con visión industrial e económica dese mar inmenso polo que chegarían poeticamente a Galicia os restos de Castelao. Pola súa banda, o Parlamento vai facer de 2012 o Ano de Celso Emilio Ferreiro, do que se cumpren os cen anos do seu nacemento.
Ben puidera pensarse que as dúas institucións poderían xuntar as súas forzas para facer unha grande homenaxe, pero Celso Emilio xa foi honrado co Dia das Letras no 1989 e Valentín –que tantas homenaxes merece por outros esforzos e traballos- recibe agora este anual e egrexio galardón pola súa faceta de escritor en galego.
Temos numerosos exemplos de escritores ós que se pode homenaxear, e na lista de aspirantes a recibir o día das Letras figuran nomes gloriosos entre os que o de Manuel María só está agardando que se cumpran dez anos da súa morte. E cada ano aumenta a nómina de merecentes dun recoñecemento póstumo que consagra urbi et orbe a un escritor coa parafernalia resoante a través de todos os medios de comunicación do país.
Pero o de Celso Emilio parece un acto de xustiza, que vai ter menos sona pero destacada importancia. A rara unanimidade produciuse a pesar de ser proposto polo Partido Popular o escritor que foi membro fundador da Unión do Pobo Galego e candidato polo Partido Socialista Galego nas eleccións de 1977.
Celso Emilio e Valentín, dous dos nosos grandes, teñen o seu ano no difícil 2012 que comezará en menos de cen días. Gloria post morten teñan os que en vida deron tanta gloria ás nosas letras, e gracias a elas vivirán por sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES