Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escoltas

miércoles, 19 de octubre de 2011
Nos tempos que vivimos, estamos plenamente afeitos a que os nosos gobernantes, case a calquera nivel, leven consigo un escolta. Exceptuando a esfera local e provincial, aínda nos paises máis civilizados veuse pondo de manifesto que alguén que representa a unha institución debe ser acompañado por alguén que o protexa en caso de dificultade.
E mesmo entendemos que esa autoridade, cando deixa de selo, durante un determinado período siga disfrutando deste servicio, ata que os medios informativos deixen de telo no punto de mira e os cidadáns vaiamos acostumbrándonos á súa ausencia.
O que habería que limitar é o número de ex autoridades a protexer, e a duración desa protección, porque ven de ser noticia o ex ministro Corcuera ó ser multado por unha destemplanza en Sevilla onde pretendeu entrar á forza co seu escolta na pasada Feira de Abril, sen identificarse e por un lugar reservado a autoridades.
Corcuera foi, hai xa ben anos, controvertido Ministro do Interior. E se a estas alturas do temporal segue a ter escolta parece demasiada protección ata para ir á feira abrileña de Sevilla. Que se a escolta a pagamos todos por ser oficial, malo. E se lla paga o Partido, malo tamén, que revertirá en todos nós porque as economías dos partidos políticos recaen en toda a sociedade.
Que Corcuera non teña aprendido a participar na vida normal como unha persoa corrente, é malo. Pero peor é que todos contribuamos cos nosos impostos a que alguén siga créndose diferente polo feito de ser tratado de forma diferente á xente normal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES