Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suceder a Fraga

lunes, 25 de octubre de 2004
Aínda que non teña moito que ver coa cuestión, lémbrome daquela definición -curiosa e chocarreira- do que se dicía hai anos que era unha noticia: a sucesión sucesiva de sucesos sucedidos sucesivamente.

Con arreglo a esto, Fraga sempre é noticia.

É noticia por ser Presidente da Xunta de Galicia desde hai ben anos.

É noticia porque a punto de cumprir oitenta e dous anos, tenos tan ben levados que nin siquiera os seus opositores dubidan de que está para aguantar o que lle boten. É noticia polas súas maratónicas xornadas de traballo, que incluirán uns cantos discursos, varias inauguracións, xuntanzas, paseos e demáis.

Pero especialmente é noticia no sentido da propia nova, porque a súa sucesiva sucesión sucederíase sucesivamente polo mesmo sucesor e sucedido.
E perdón pola sucesión de palabras.

Parece que de Madrid postulan con toda a forza a Núñez Feijóo. Desde Lugo, Barreiro asoma a cabeza con forza, apoiado na súa formación, na súa xuventude e na súa traxectoria. Despois do Congreso, o revoltoso Baltar impulsa a Cuíña como sucesor apoiándose no sector máis populista (Os da boina, claro). E ata temos a cuota feminina, con Manuela López Besteiro, vicesecretaria xeral do Partido en Galicia, que ten capacidade e formación demostrada para o posto.

Pero Fraga vai suceder a Fraga, a menos que haxa circunstancias de forza maior que o impidan, xa que "a maior forza, non hai resistencia", según quere un dito da nosa terra.

Suceder a Fraga é a aspiración máxima de moita xente. Todos aspiran a ser "fillos políticos" de Fraga, "O Xefe". Pero xa se sabe o que ocorre en determinados casos, na política, na empresa, na familia: O poder, o diñeiro, o goberno... pasa de pais a netos, directamente. E os fillos quedan "a velas vir", por nacer demasiado axiña.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES