Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cataluña non precisa agredir

martes, 18 de octubre de 2011
A senlleira Cataluña non precisa agredir para defender as súas peculiaridas e os que considere os seus dereitos, pero algúns dos seus políticos non están á altura do seu país en determinados momentos. Recentemente, Durán i Lleida e Artur Más.
Durán provocou unha forte protesta en diversos ámbitos polas súas declaracións sobre os xornaleiros andaluces e extremeños que perciben os seus auxilios económicos a costa dos cataláns. Pero Artur Más tocounos máis de preto cando, no sempre aberto debate idiomático nunha comunidade que debera ter asentado o tema, mencionou entre outros ós galegos como algúns ós que non se lles entende cando falan castelán.
Axeitada resposta obtiveron esas palabras por parte de diversas instancias do poder ou da comunicación, pero indo ó fondo da cuestión estas e outras manifestacións veñen remexer no sempre incómodo tema das relacións entre comunidades que ás veces merecerían políticos que tivesen máis contención no seu falar.
Os galegos, polo noso especial carácter que pode parecer contemporizador, respetuosos con todos os demais, levamos séculos practicando o “Vive e deixa vivir”, en relación co resto das comunidades do Estado, nas que ás veces hai case tantos galegos e tanto galeguismo –é o caso de Cataluña- como na mesma Galicia. Por eso calquera mención que se faga con carácter despectivo parécenos fóra de lugar. E aínda que logo se pidan disculpas, o feito feito está e é sinal de cómo pensan determinadas persoas que gobernan unha comunidade que tantísima relación tivo e ten con Galicia.
Cataluña non precisa agredir para defender o que entende son os seus dereitos. Pero os seus gobernantes parecen non entendelo así. Cataluña sempre tuvo un papel destacado na nosa historia colectiva. Falta que os seus rexedores estean á altura ( seny ou sentidiño incluido) de Cataluña.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES