Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tiracroios dun neno

lunes, 17 de octubre de 2011
Quedo, de súpeto, estrangallado na rúa e penso que así morren os heroes. Aínda que nunca pensei chegar a este destino tan cruel. E moito menos logo de levantarme co pé bo e iniciar un día cheo de sorrisos e de conversas en solitario.

Gústame falar só. E non preciso ningún espello para facelo. Pasei o día traballando no que a min me gusta e comín a fartar para que ninguén diga que son a fotocopia dunha lámina ou dun suspiro.

O suceso aconteceu cando ía tomar café. Vin ao lonxe a un neno xogando cun tiracroios e xa os recordos me asaltaron de cando eu facía o mesmo alá no meu Baños de Molgas. Non lle quitei ollo porque me gustaba ver como facía. Tampouco lle quitei ollo ao paxaro que, nun principio, tiña que recibir o impacto. Porque eu adiviñaba, intuía e sabía que o tiracroios do neno apuntaba nesa dirección.

O neno chiscou o ollo esquerdo e apuntou. Eu, dende lonxe, tamén chisquei o mesmo ollo e apuntei. Sabía que o neno estaba a reter a respiración. Eu estaba a reter a respiración.

Xa non respirei máis. Porque a coíña bateume no medio da fronte e souben, de súpeto, que xa non respiraría máis. Tan só tiven un lapso de que morría coma un heroe porque me acababa de matar o tiracroios dun neno. Un sorriso piadoso foi o meu derradeiro xesto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES