Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Globalizar a solidariedade

lunes, 25 de octubre de 2004
Ademais do Domund (domingo mundial da propagación da fe, co lema é a hora do teu compromiso misioneiro!), hoxe, celébranse outros "días de reflexión": O das Nacións Unidas (Carta da ONU), o da información sobre o desenvolvemento e a Semana da ONU para o desarme. Todos na liña da humanización das persoas/mundo. Chamadas que chegan desde a fe, desde a irmandade e a dignidade dos seres humanos, embarcados todos no mesmo proxecto e implicados en mellorar esta nosa sociedade desnortada.

Temos que recoñecer que precisamos escoitar estas chamadas das institucións xa que nin se lle fai caso ó compromiso misioneiro por parte dos católicos, nin se respecta, a escala sociedade de nacións, o compromiso coa Carta da ONU (Iraque, Palestina, etc.). O desenvolvemento xusto segue a resultar inviable nunha globalización só económica e neoliberal e sobre todo cando constatamos a trampa do desarme que no canto de dar de comer ós pobos empobrecidos facilítanselles armas para que se maten entre sí.

Camiñamos cara un mundo igualitario. Xa estamos nel. Hoxe en día está gobernado polos países máis fortes e ricos, nos que reina o sistema neoliberal, sesgado e parcial, porque só se globalizan os intereses dos grandes e se esquecen os dos pequenos. Os pobres quedan excluídos. A globalización é necesaria pero a actual non serve. Hai que ir á integral, na que caibamos todas as persoas. Sobre todo os pobres e os marxinados.

Por iso falamos de "globalizar a solidariedade" e ir á procura dunha única sociedade, unha única familia humana, unha única nave espacial chamada Terra/Mundo. Hai que comezar a selo e vivilo. Como afirma Xosé Mª Vigil: a/ por ética: a fraternidade humana obríganos, por enriba de sentimentos patrios diferentes; b/ por egoísmo: mellor vivir nunha sociedade de nacións que nunha xungla onde unha nación co 6% da poboación acapara o 50% das riquezas, e c/ incluso por supervivencia: o camiño actual lévanos á ruína". Temos que adiantarnos para facer posible/real un novo mundo.

Utopía?, soños?. Son necesarios. Os avances eran utopía hai uns anos. Preguntémonos: Que pasaría no mundo se os EE.UU de América e os países do Occidente (o Norte) defensores da globalización neoliberal, asumisen globalizar tamén a solidariedade?, compartir (co Sur) as súas riquezas?. Queda outra saída posible?. A actual (temos probado) que nos leva a autodestrucción. Non queda outra. Así que ...a non perder máis tempo!.

Cómpre cambiar de mentalidade e de actitudes. Nosoutros, debemos ser os primeiros. É a única resposta axeitada ás chamadas que se nos fixeron. Como cristiáns e como membros da gran familia humana. Para iso non fan falla cartos, nin poder, nin armas. Abonda coas ideas e a firme vontade de colaborar. Somos quen de cambiar o mundo!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES