Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Caixas que vós matades

jueves, 13 de octubre de 2011
Xa nos gostaría poder parodiar o aserto clásico, e considerar que as Caixas que pretenden matar gozan de boa saúde. Non é verdade.
Todas as Caixas doen, especialmente nas zonas xeográficas onde teñen a súa máis directa actividade. E a nós, os galegos, teñen que doernos as nosas caixas, outrora emporios florecentes, cunha intensa e froitosa actividade social, que foron barridas da actualidade económica por ventos que viñan de fóra e medraban en velocidade e forza ó seu paso pola nosa xeografía.
Todos pensamos que as decisións de fusionar dúas grandes caixas nunha lles daría a forza necesaria, e logo a conversión da nova caixa nun banco lle proporcionaría a carta de natureza que a entidade nunca debeu perder. E sen embargo concitábanse demasiadas forzas e influencias para que todo fose tan sinxelo; para que todo chegase tan rapidamente a bo fin.
As últimas novas sobre pagos a rectores da nosa primeira entidade, centos de veces millonarias se falamos nas esquecidas pesetas, horriblemente insultantes falemos na unidade monetaria que se queira, veñen a arrastrar polo chan todas as consideracións e a estima que pudiéramos ter sobre a organización interna dunhas entidades consideradas benéficas a nivel xeral e non só para os que as gobernaban.
Nun tempo coma este e nun país coma o noso, non é permisible, non é decente manexar cifras como as que se fixeron públicas de pagos de tres, cinco, sete e once millóns de euros para outros tantos directivos por deixar un posto de traballo, xubilarse anticipadamente ou pechar unha etapa que difícilmente se poderá considerar gloriosa.
Non gozan de boa saúde as caixas. E non é extraño con agravios coma estes, que nos ofenden a todos e poñen en perigo a súa credibilidade. Non conseguirán matalas pero comprometerán gravemente a súa saúde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania