Hospital do Salnés
Cardalda, Theo - martes, 11 de octubre de 2011
Hai moito tempo que non lembro unha manifestación tan multitudinaria como a do venres pasado en Vilagarcía. Foi unha convocatoria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública pola independencia da área sanitaria de O Salnés. Non encanto, ante a gravidade que nos ben enriba que afecta a maioría dos cidadáns, tiña que estar Vilagarcía cheo a rebozar. Isto recórdame aquel dito tan certeiro que di: non soamente son culpables quen cometen as inxustizas, senón que son cómplices aqueles que saben delas e non fan nada por evitalas.
O que está a facer o PP coa Sanidade Pública é unha auténtica vergoña. O estamos a ver nas Comunidades de Madrid e Valencia, cousa que en Galicia leva o mesmo camiño. O están a privatizar todo en un plan solapado e silencioso. Temos que ter en conta que é o penúltimo chollo que queda por repartir aos gachupinesdeste esperpéntico país. Porén, o máis penoso, é que a xente non reaccione masivamente.
Por pouco párteseme o labio de risa lendo as declaracións da directora de Asistencia Social a raíz da manifestación do venres, dicindo: ... en Vilagarcía tiñamos que saír a rúa para pedir a atención integrada, porque é o mellor . Falan como libros abertos, falan de receitas económicas e sanitarias que quérennos vender como salvadoras, cando a realidade non é máis que pasar grandes cantidades de diñeiro público a mans duns poucos tiburóns que están a roubarnos a carteira.
Seguramente vanme a acusar de facer demagoxia, pero é o único que saben dicir cando andan faltos de argumentos ante a insultante evidencia da privatización da sanidade pública.
Chegou o momento de que nos escoiten, que saiban que coa nosa saúde non se xoga. Palabras de Ramón Barreiro na Praza de Galicia o día da manifestación. Palabras que apoio sen discusión.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora