Demasiado listo
Rivas Delgado, Antonio - martes, 11 de octubre de 2011
O sol reflicte no cristal dun coche aparcado e molesta de carallo. Pero como son listo, agacho a cabeza para escribir e xa o patrón do universo brilla noutra posición.
Tamén son listo para botar a camisa por fóra do pantalón e evitar así que me súe demais a barriga. Vai un sol dese que quenta de lo lindo.
Tamén son listo para quitar o reloxo do pulso e evitar que así me súe este. Coa calor sempre me molestou o reloxo. Ata o quito para conducir; aínda que, neste caso, fágoo para que non me quede marca; ou sexa, moreno todo o brazo menos a brancura de onde vai o reloxo.
Non quero presumir pero, sinceramente, son demasiado liso. Para certas cousas.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora