Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dorribo derriba

martes, 11 de octubre de 2011
O empresario Dorribo abriu a caixa dos tronos e someteu á vida política galega a unha tormenta das que fan época, confesando á xuiza lucense que leva o seu caso ter sobornado –chámese como se queira- a tres políticos galegos, abarcando todo o abano político.
O caso está baixo segredo de sumario, pero ben importante ten que ser cando Dorribo consegue a liberdade confesando un feito delictivo como sería, de confirmarse a confesión, e de confirmarse o feito, mercar favores políticos con importantes cantidades de diñeiro.
Se o epicentro do terremoto estivo nesa declaración, os efectos tardaron en desatarse ata que os medios de comunicación publicaron a noticia, e as consecuencias foron case instantáneas: dous dos políticos mencionados dimitiron dos seus cargos e o terceiro, Ministro do Goberno, presentou unha querela contra o industrial solicitando que o sumario deixe de ser segredo.
Feitos coma este fan tremer algúns dos pilares que se supón sosteñen a nosa convivencia, e fannos sorprender de que unha afirmación tan grave provoque dúas dimisións ás poucas horas de facerse públicas.
Porque, diante dunha situación así, que debe facer un político? ¿Dimitir para poder defenderse mellor e non involucrar ó seu partido?, ¿Ou manterse firme no seu posto, para defender a súa inocencia, sabendo que todo o que podía perxudicar ó seu partido xa está feito?.
As dúas posturas témolas agora: dous políticos – PP e Bng- dimiten, e un –Psoe-, o de cargo máis relevante, mantense no seu posto e plantea batalla.
Se Dorribo pretendía derribar, xa o conseguiu. Se pretendía que con el caesen outros, xa caeron. A sociedade lucense e galega está expectante diante dun caso tan crudamente planteado, do que non parece derivarse ningún beneficio momentaneo máis ca para Dorribo coa súa liberdade. Pero como temos plena confianza na xustiza, por lenta que sexa, confiamos que ó final deste tunel luzca plenamente a luz da verdade. Polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES