Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

(Des)vergonza, dogmatismos e eufemismos

lunes, 10 de octubre de 2011
Aceptemos por vergonza, extrapolable ó socio-económico e ó político, ese sentimento doloroso que acompaña e segue á maneiras de comportarse inxustificadas e inxustificables ante os nosos semellantes máis responsables. Evidentemente, as institucións sociais e políticas, coma tales entidades, carecen de sentimentos, pero aquí enténdanse encarnadas nas persoas dos seus reitores. Por iso non é estraño o esforzo de xustificación coa conseguinte dilapidación imaxinativa, principalmente no campo socio-político, ata o extremo de xerar abondosos dogmatismos e non menos chocantes eufemismos.

Hai que excluir, sen embargo, os sentimentos de vergonza inapropiados, que arrastran ás persoas a unha certa turbación e a unha considerable mengua da necesaria autoestima, debido á pouco piedosa autocrítica con elas mesmas e non menos ao ensañamento alleo.

Pero…que corresponde dicir da DESvergonza?. Nun análise de ferreiro – co máximo respecto para este oficio - , eu distinguiría dous casos que considero radicalmente diferenciables: carecer dos sentimentos de vergonza e caer na insolencia. O primero pode cursar coma algo patolóxico, da mesma maneira que a carencia de respostas inmunolóxicas nas enfermidades; pero o segundo compromete compoñentes de soberbia, orgullo e un grao elevado de egoísmo con descaro e ousadía. Serva isto último, pois, como básico e referente na extrapolación destos conceptos a esfera pública, no político e no socio-económico.

Cando nun país os partidos políticos deixan de ter coma obxectivo primordial e preferente á representación dos intereses do Estado, primando os particulares, senten, aínda que inconfesablemente, a vergonza de estar atrapados por tales intereses, e xeran no seu seo xustificacións ideolóxicas, para así facelos coincidir cos do Estado ou, non poucas veces, cos dun grupo étnico determinado, real ou ficticio.

Estas formacións políticas, amparadas neste apoio ideolóxico, están sempre dispostas a chegar lonxe nas súas accións, porque cada vez séntense máis oprimidas polo temor de que as consecuencias poidan desencadear interrupcións inesperadas e inoportunas. Exemplos temos á man; pero para evitar a falta de perspectiva histórica, como adoita dicirse, poñemos algúns do pasado, tamén.

Os partidos ingleses, segundo os coñecedores desta temática, nunca puxeron os seus principios por encima dos intereses estatais. Sen embargo, polo contrario, non ocorreu así co multipartidismo continental: os partidos do Continente caeron con frecuencia no servilismo particular, considerándose “PARTES dun todo, non nun todo”, incapaces de ostentar a defensa dos intereses xerais. Iso si…!, para xustificar o seu papel na sociedade e ante os electores, recorren a unha certa “filosofía”: Deus pode xustificar a propiedade privada con aquilo de que “cada un ten que gañar o pan co suor da súa testa”, entregando grandes extensións de terras a persoas que, a súa vez, puxéronas en mans de quen suara por elas (conservadurismo), ou, por outra banda, inventaron un “proletariado” chamado a liderar a Humanidade, no que está a esencia da transformación social, segundo din, e no nome do cal cometéronse non poucas atrocidades (progresismos de diversos matices). E supoño que todo isto ten moito que ver coas máis pintorescas ditaduras no século pasado, dun e doutro signo, abrazando un ou outro dogma.

Gran Bretaña quedou á marxe das ditaduras e leva séculos mantendo o principio de que a eficacia xurde da acción concertada, mentras que para os continentais parece que está na forza dunha doutrina salvadora e na necesaria posesión do poder. Ben quixéramos, noso caso, que España abandonara as crispacións entre atrincheiradas posturas de irreflexivo contido, evitando os líderes tanto a perda do sentimento de vergonza coma as insolencias a que nos teñen acostumados a súas rutineiras e teatralizadas maneiras de contender.

Pero é que, ademais, a vergonza non só é unha portela para os dogmatismos, senón que tamén se emparella cos eufemismos ( do grego:EU: ben; PHEMI: falar, expresarse; asi, “expresarse ben”, con certo decoro, é o seu significado etimolóxico).

En canto figura retórica podería entenderse coma unha certa perífrase inventada pola delicadeza, para facer máis doce aquilo que expresado sen rodeo podería aflixir ou magoar ó receptor. Xa os latinos, en vez do termo “morrer” utilizaban outros eufemísticamente, coma “ter chegado ó remate da vida”. E cabe lembrar cando nosoutros despachabamos ós mendigos cun “vaia vostede con Deus!”, para evitar o “non lle dou nada!”.

Certamente, sempre que díciamos isto, estabamos agochando dous sentimentos de vergonza: o despertado por non darlle nada e o de negarlle un dereito de caridade, remitíndoo a súa fonte, a Deus, intentando xustificar a nosa hipócrita relixiosidade.

Velaquí, por consiguinte, como a vergonza e o eufemismo se asocian para evitar que certos sentimentos se desvelen inoportunamente. Mais esta astucia non só serve para salvar situacións individuais. Non; temos moitos exemplos a outros niveis, estatais e superestatais. Traigamos aquí dous:
- O ataque da OTAN a Libia ven a ser un apoio humanitario aos insurxentes, para evitar vítimas civís. (Hai que salvar os recursos petrotíferos!). E non falemos do PARAUGAS ANTIMISILES!.

Bueno…, tampouco hai que desaproveitar a ocasión de culminar a penitencia pola sentada, ante a bandeira, dun aspirante a estadista…

- O cambio de APÁTRIDAS por PERSOAS DESPLAZADAS durante a Primeira Guerra Mundial é un bo exemplo do pasado.

Os “apátridas” tiñan salvado o seu “status” legal, mediante acordos internacionais, nos que se recollían algúns dereitos, aínda que fosen poucos e moi limitados, ao seu favor.

As “persoas desplazadas”, unha perífrase máis delicada, porque semellaba darlles trato de persoas, carecían deses dereitos, xa que esta entidade non estaba contemplada nos tratados, e, por iso, non eran suxeitos de dereitos.
Todo moi suave, moi delicado, pero…dicían ós “apátridas”, “váianse con Deus!”.Non hai valor para afrontar a (des)vergonza!.
E cantos outros exemplos non poderían traerse aquí, de hoxe en día?. Afganistán está presente!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES