Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novatadas

lunes, 10 de octubre de 2011
Herdanza de pasados tempos de violencia gratuita, perviven en universidades e colexios universitarios as temibles novatadas que desde fóra poden verse como simples bromas estudiantís, pero desde dentro polo que se ve constitúen oprobio e vergoña para os que as protagonizan e para quen as consinten.
Dous universitarios galegos sufriron graves queimaduras nos ollos por unha broma estudiantil, de estudiantes veteranos exercida sobre os novatos, consistente en botarlles nos ollos sustancias abrasivas, que estiveron a piques de deixalos cegos.

Por non comentarse estes temas máis que cando xurden verdadeiras atrocidades, pensábamos que as novatadas tiñan desaparecido co paso dos tempos, os avances sociais, o incremento dos niveis culturais e a suposta humanización da nosa xente moza.

Pero a realidade de súpeto asoma por riba das convencións, e un sustrato violento impropio de xente civilizada amósase con toda a súa forza. E dous estudantes cruelmente agredidos son a proba vivinte de que seguen vixente costumes crueles que ninguén ten que soportar e que entran plenamente no campo da delincuencia xuvenil máis violenta.

O peso da xustiza ten que caer con toda a forza sobre os culpables. Aínda que só sexa para que unha vergoña coma esta non poida repetirse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania