Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aire limpo

viernes, 07 de octubre de 2011
A contaminación do aire que respiramos é un tema que preocupa ás autoridades na materia a escala local, nacional e mundial. A escala mundial quen supervisa o tema é a Organización Mundial da Saúde, que invirteu oito anos en estudiar o aire en case mil cen cidades de todo o mundo.
Considérase que a cifra de vinte microgramos de contaminación por partículas de ata dez micras por metro cúbico de aire é o límite entre unha situación correcta e outra que puidera entrañar algunha clase de perigo para a saúde. E españa no seu conxunto presenta unha cifra de 29 microgramos, ben por encima da media normal e saudable.
Só unha cidade galega entra nese estudio, Santiago de Compostela, e resultou ser a cidade española con mellor aire, cunha cifra de 18 microgramos de partículas por metro cúbico de aire. A partir dahí, o resto das cidades españolas van dos 19 de Logroño e 20 de Badajoz ata os 40 de Granada e 45 de Sevilla e Zaragoza.
Ter un aire limpo é característica de boa parte das cidades galegas, o cal beneficia a toda a poboación, xa que da existencia ou non desta contaminación aérea depende o agravamento ou non de determinadas enfermidades, boa parte delas relacionadas co aparato respiratorio.
O que non nos din as estatísticas resultantes desta investigación é a relación entre carencia de contaminación aérea e a existencia ou non de industrias, consideradas potenciais creadoras de numerosos postos de traballo, asociando nas nosas consideracións unha necesaria contaminación a cambio dunha forza industrial que proporcione riqueza ó país e, de xeito especial, á cidade ou pobo onde se asenta.
Temos que arredar esa consideración falaz, xa que industria e contaminación non teñen que ir parellas nin o emporcamento do aire proporcional á actividade industrial, xa que na actualidade existen mecanismos a aplicar para que os residuos que unha industria xenere estean limpos de contaminación que perxudique á poboación do contorno.
Que Compostela sexa a cidade máis limpa podería deberse a que súa maior industria – o turismo – non é especialmente contaminante, pero no contorno industrial compostelano existe un tecido industrial importante, propio do seu papel de capital autonómica, que visto está non perxudica a vida no centro vital da comunidade galega.
Debemos aspirar a que esa limpeza do aire sexa a principal característica dos nosos pobos e cidades, por moitas industrias que neles se creen. Porque a industria é beneficiosa cando non contamina. E se contamina, non é de ningún xeito beneficiosa por moi rendible que sexa para a empresa propietaria. O aire limpo é un tema primordial, a primeira consideración. A ese principio teñen que acomodarse todos os demais, porque a industria interésanos a todos, sempre que sexa unha industria non contaminante, limpa. Só así será de interese xeral, que non duns poucos, e as autoridades teñen que ter moi presente este principio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania