Pancartas
X.X. - miércoles, 20 de octubre de 2004
Vexo no "Faro de Vigo" a un representante dos comerciantes do Mercado do Progreso daquela cidade, que sostén unha pancarta na man demandando "Concello / Solución".
Son 71 comerciantes deste mercado os que manteñen un contencioso coa empresa concesionaria da instalación, e utilizan protesta e pancarta para facerse oir.
O da pancarta digamos que neste caso é un método coma outro calquera, quizáis non práctico pero sí chamativo.
Outras pancartas chamaron a miña atención: "Non á censura". Portábanas deputados do Psoe e do Bloque, no Parlamento Galego, como protesta porque o Partido Popular non accedeu a que se abordaran determinados temas relacionados coa recente crise, e as palabras -tamén relacionadas con este tema- do conselleiro López Veiga.
Eu coido que os deputados teñen que tomar máis en serio o seu papel e usar a Cámara e o seu posto como corresponde. O mesmo que estimo que un deputado -ou un alto cargo político- non pode andar de manifestación, excepción feita das que se orixinaron despois dos atentados do 11M.
Un político, e de xeito especial un deputado, ten canles abondas de expresión, sen ter que recurrir a métodos infantiles ou predemocráticos.
Nas fotos vense os parlamentarios galegos con pancartas. Só se salva Touriño, que deixa que os demáis fagan pero el segue a comportarse dignamente, como un representante do pobo no sancta santorum da política galega.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora