Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espertar de novo

miércoles, 05 de octubre de 2011
As veces a vida lévate a coñecer xente que ao pouco de escoitala dáste conta que dalgún xeito ráchache todos os esquemas. O feito de fondear nas súas verbas vaite facendo un home novo; entón empezas a fuxir de paradigmas establecidos de sempre e decátaste de que xamais criches neles. Esta xente ten de certo algo especial, que te leva a escoitala unha e outra vez ata deixar que te transforme nun home novo. Non manipulan porque simplemente se saben donos de si mesmos e saben que a súa liberdade ten o valor da vida, un valor que non están dispostos a negarlle aos demais. Cando te atopas con eles e te abres á súa sabedoría, non podes mais que desexar compartila e difundila ata onde a túa voz alcance, para vivir nunha aprendizaxe continua con todo o que nos rodea.

Isto pasoume a min hai dous anos cando por primeira vez escoitei a voz de Facundo Cabral, traxicamente asasinado en Guatemala no mes de xullo. Somos moitos os orfos intelectuais do mestre que conseguiu deixar de xeito oral unha obra filosófica abraiante; escoitar a Facundo era apostar unha e outra vez polos camiños da vida, era saber que pase o que pase podemos virar a proa cara o porvir. De Facundo aprendín que a esperanza é un dereito que ninguén nos pode pisar, e que temos que posuír ata o último alento de vida, xa que ela nos levará a ser o que realmente cremos e queremos. Unha persoa que ten fe en si mesma é invencible, xa que a súa fe será a forza que a fará resistir no camiño cara aquelo no que se quere converter. Facundo Cabral naceu da nada e ensinounos que vimos ao mundo para gozar del e para deixar a nosa poutadiña na construción da beleza, dos sorrisos e do amor. A vida sen amor non é humana, por iso el decidiu pasar pola vida facendo humanidade. Son moitas as frases del que gardo, e incluso emprego nas miñas conferencias; de xeito especial gústame aquela na que dicía “haz lo que amas, porque el que trabaja en lo que no ama, aunque lo haga todo el día, es un desocupado”. O mundo está orfo de verbas como as de Facundo que amosan unha fe infinda no ser humano. É necesario falar del, do que el falaba e do que el quería; porque el impulsaba ao home a crer en si mesmo e a facerse en irmandade, e porque só en irmandade poderemos virar a proa cara un porvir colectivo. Asumo esta necesidade como unha obriga persoal cara a quen tivo a delicadeza de manter unha longa conversa comigo a través de Skype, na que me lembrou as súas ideas mais humanistas.
Longa vida a Facundo Cabral.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania