Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recordos do Monte Medo

martes, 04 de octubre de 2011
Quedei co vento no alto da Lomba para botar unha carreira por entre os piornos dos Currás. E entre volta e volta, intentar atopar aqueles recordos acochados da infancia. De cando nos barrancos da Portela imaxinaba a actuación dun grupo musical en acción; o da batería estaba naquel resalte do barranco, o da guitarra naquel outro e o cantante, faltaría máis, na posición que máis destaca, no saínte máis centrado e máis grande.

Recordos tras tres vacas que, pobres, a verdade é que non tiñan moito para onde ir, xa que naqueles tempos ata o pasto escaseaba.

Incluso no monte Medo, con todo o grande que é. Pero era o tempo de case un cento de vacas. Recordos de lecturas de novelas do Oeste nas que vivía tan intensamente a aventura do vaqueiro que ata me esquecía das vacas. Algunha vez cheguei á casa sen algunha.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES