Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Paixón do Padre Silva

martes, 19 de octubre de 2004
O P. Silva, nesta vida, tiña unha paixón á que puxo por nome "Bemposta". En Ourense.

Bemposta era -é- "La ciudad de los muchachos", unha utopía, país da ilusión dentro do mundo do circo, Atlántida de terra... unha nova Illa de Hélice que por agora non conta coa musa dun Xulio Verne para relatar como os motores impulsores da illa deixaron de coordinarse e, en lugar de axudar a camiñar hacia diante, xirar en redondo de xeito indefinido.

Eu sei que o P. Silva é un apaixoado. Observei a súa paixón nunha actuación do Circo da súa cidade na Coruña, hai moitos anos. Puiden observala máis de perto cando puxo en marcha unha televisión local ourensana desde as instalacións de Bemposta.

Pero agora, despois de problemas coa Xunta polos terreos onde está situada a Cidade; despois de problemas cos residentes e con educadores deses residentes, celebráronse elección nas que se pronunciaron o 68% dos habitantes da cidade empeñados en gobernarse por sí mesmos, en autofinanciarse, e en evitar que o P. Silva volte a Bemposta.

É como a fábula de Saturno pero ó revés: Aquí son os fillos os que devoran ó pai. Ó Pai Silva.

Bemposta, paixón do P. Silva, é tamén a causa da súa paixón. Coa agravante de que, neste caso, a paixón non dura só unha semana senón moito máis tempo.

O P. Silva é un apaixoado. Seguro que tivo erros. Seguro que tódalas cousas non lle saíron ben, e que habería correccións importantes que facer.

Pero non se merece este tempo de paixón que sofre. Non se merece que os "seus fillos" queiran impedir que o Pai volva á casa.

Vese que non se queren aplicar, aínda que sexa á inversa, a parábola do Fillo pródigo. Síntoo, Jesús Silva. Non te mereces eso.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES