Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha sobredose da España hiperreal

lunes, 03 de octubre de 2011
Por cuestións que non veñen a conto, os pasos leváronme esoutro día a Madrid. Dado que as ocupacións que tiña encomendadas para o xoves pola tarde non eran moitas, previamente organiceime para non perder a oportunidade de visitar a exposición que o pintor realista Antonio López ten colgada en dúas salas do Museo Thyssen dende o pasado 28 de xuño e pola que, segundo me informaron xentes que traballan na súa custodia e control, levan pasado preto de 200 mil visitantes, nada máis e nada menos.

Dende a Porta do Sol (onde tiven o pracer de fotografar a diversidade que sempre lle regalan ó camiñante as grandes cidades, esta vez en forma dun refugallo de indignados custodiando a estatua ecuestre de Carlos III compartindo ó mesmo tempo a custodia cun grupo de mariachis interpretando “para o respetable público” rancheiras do estilo de “…pero sigo siendo el rey” ou “México lindo y querido”) encarei a Carrera de San Jerónimo coa idea de chegar ata a Praza de Neptuno e dende alí subir uns pasos para adentrarme nos xardíns do edificio museístico que preludian os accesos á exposición. Pero, de súpeto, pouco antes de chegar ó edificio do Congreso a rúa estaba completamente sitiada pola policía en formación de barricada, mentres ó fondo unha moitedume facía garda ó pé da fonte de Neptuno. Preguntei que acontecía e os policías informáronme de que se quería achegarme ata o Museo tería que dar unha revolta porque alá no fondo había unha manifestación e non permitían pasar por diante do edificio do Congreso.

Lóxicamente, o instinto informativo levoume de contado ata aquel xentío arremuiñado que alcanzara a ver dende o alto da Carreira e sen temor a equivocarme podo dicirlle, benquerido lector, que unha vez me vin mesturado entre aquel tranquilo rebumbio recibín unha sobredose, non de hiperrealismo –que era o que ía buscar á exposición de Antonio López- senón de hiperrealidade pola paisaxe humana que alí estaba e que non é nin máis nin menos que unha boa representación desta España “postransicional” que todos temos axudado a crear e que agora –tres anos despois ca no resto do mundo- estanos facendo espertar do soño de novos ricos no que pracenteiramente levabamos sesteando boa parte dos últimos 30 anos da nosa historia vital.

Foron moitos os recortes que filmei coa miña cámara mental. Pero houbo un que de seguido describo porque ven a ser o paradigma desa hiperrealidade que nos levou a crer que eramos ricos sen ser tal.

De súpeto vin a unha moza cun nariz vermello de pallaso e unha pancarta que puña: “Mi estado de bienestar no se reforma”. Non pasaba dos trinta anos e portaba tan orgullosa o cartaz que dixen para os meus adentros, ¡iso si que é hiperreal!: Seguro que cando ve na televisión un neno do corno de Africa morrendo de fame, o que fai é cambiar de canal para non ter remordementos de conciencia e seguir comodamente instalada en “su estado de bienestar”. E se se para o mundo, que pare, “ya lo arreglará papá”.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES