Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bombas en Galicia

lunes, 03 de octubre de 2011
En tempos, parece ser que os terroristas de Eta quixeron instalarse en Galicia, logrando inicialmente asentar en Lugo un pequeño comando que ía ser ía ser xermolo dunha actividade futura entroncada con movementos separatistas galegos.
Os vascos que intentaban inocularnos o virus da violencia, residentes no barrio lucense da Milagrosa onde todo o mundo cre coñecerse, foron descubertos por algún veciño ó que sorprendeu ver uns rapaces novos sen ocupación coñecida tomando o sol nunha terraza a horas nas que toda a poboación lucense tiña unha ocupación determinada, incluída a de tomar viños nos lugares máis populares.
Aquela iniciativa de promoción da violencia rematou na pechada curva da capital do concello de Guntín, nun control de estradas na que os violentos forasteiros non tiveron máis opción que renderse.
No noso contorno social, o terrorismo está en decadencia, aínda que nunca faltará algún iluminado que provoque unha catástrofe ou kamicaces foráneos que por despreciar as súas vidas non entran –non entraban- nos nosos esquemas de protección e vixiancia.
No Estado español o terrorismo vasco parece eliminado, do mesmo xeito que desapareceron outros grupos violentos que encheron de medo e violencia unha xeografía e un tempo.
Como un anacronismo, queda en Galicia un grupo, identificado ou non, que acomete accións que revisten un perigo importante, directo ou indirecto, previsto ou fortuito. E ocorre nun país coma o noso, pacífico por natureza, onde o diálogo e aínda a discusión, é o mellor xeito de relacionarnos sendo as excepcións chegar ás mans ou exercer violencia.
Calquera que se empeñe en loita violenta en Galicia ten garantido a oposición da práctica totalidade dos galegos, imposibilitados de responder con violencia a quen a emprenda coa sociedade. Para eso temos uns mecanismos legais e unhas forzas e corpos de Seguridade, encargados de vixiar, controlar, reprimir calquera exceso por parte de quen non se axusta á legalidade e ós comportamentos democráticos.
Bombas en Galicia, violencia en Galicia, é un contrasentido. E ninguén agarde sintonía por parte do pobo, que non quere ser salvado de nada, que quere vivir en paz, e que sofre crise económica e problemas a cotío, pero non precisa salvadores que veñan rachar nada, nin siquiera o silencio das nosas noites en paz. Quen poña bombas en Galicia, ten a todos os galegos en contra. Claro que ó mellor o que pon bombas está xordo, cego e mudo ó que o rodea. O seu único enemigo está dentro, pero sen ver, oir nin falar, nunca o darán comprendido.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES