Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nun fisterra

viernes, 30 de septiembre de 2011

Ao estar situada no cabo do mundo, o que a Galicia chegaba era para quedarse, xa que este non era lugar de paso na antigüidade senón destino de invasións guerreiras ou pacíficas, mesmo remate do gran Camiño dos Cristianos en Compostela.

Se atendemos á historia, nos dous últimos séculos a emigración tivo aquí un papel singular, xa que sirviu para que Galicia perdera boa parte dos seus excedentes en man de obra en beneficio doutros territorios necesitados dela, e se beneficiara do resultado económico desta emigración, xa que o primeiro fin do emigrante era volver á terra nos últimos tempos da súa vida.

Os galegos seguimos a viaxar por motivos de traballo, chamémoslle ou non a esto emigración, e no último ano foron preto de vintenove mil os galegos que foron traballar fóra do país, dos que arredor de vinte mil foron para destinos no resto do Estado e os nove mil restantes ó extranxeiro.

Nada que ver a emigración de ahora coa doutros tempos, que para eso o país e a xente non son os mesmos, e hoxe a preparación dos traballadores garante menos dificultades que as sufridas polos devanceiros que tiveron que emigrar.

E Galicia agora tamén recibe inmigrantes, en maior número que os emigrantes (algo máis de quince mil en 2010), dos que arredor do sesenta por cento proceden do resto do Estado, e o 40% restante do exterior.
Nos últimos anos, froito da crise, están aumentando os emigrantes e baixando os inmigrantes, pero polo de agora son estes últimos os que acoden en maior número.

Os movementos humanos hai que velos como sinal de vitalidade do tecido social, que se move en razón das necesidades ou apetencias. E aínda que Galicia non é o territorio que máis atrae ós que chegan do exterior, cada vez máis nos estamos convertendo nunha sociedade plural e varia, coa incorporación de cidadáns de todas as partes do mundo. Eso é sinal de riqueza. E para quen se preocupe pola posible perda de identidade no futuro, recordemos que unha vez asentados aquí son galegos coma nós, e os galegos somos en fin o producto de sucesivas oleadas de emigrantes que no decurso dos séculos cristalizaron en nós.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania