Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campo Lameiro

jueves, 29 de septiembre de 2011
Estou seguro de que se lle fago a pregunta, así "en frío e a pelo", necesitará pensalo un pouco mentres enfría o café, benquerido lector, antes de colocalo no mapa. E conste que con isto non pretendo -nin moito menos- tratalo de ignorante porque ó mapa tamén tiven que ir eu, e consultalo con tino, antes de encarar os meus pasos ata esa localidade do interior -aínda que non tanto- da provincia de Pontevedra.

Qué me levou ata alí? Esa é a pregunta conseguinte que habería que facer e á que vou tratar de darlle resposta de seguido, esperando espertar en vostede o suficiente interese para que unha mañá calquera -ou unha tardiña- deste outono que xa se adivina no horizonate de fin de mes decida dar un paseo vostede tamén ata alí e visitar o recentemente inaugurado Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre que a Consellería de Cultura acaba de abrir como preludio do que en pouco tempo ha de ser o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, así como do Parque de Roma en Lugo e o do Megalitismo na Costa da Morte.

Despois de recuperar as vellas sensacións de cambiar de mundo que provoca o Alto do Paraño cando se viaxa cara Pontevedra pola "carretera vella" e que para min estaban esquecidas dende que foi aberta ó tráfico a autovía das Rías Baixas; non sen deixar de saúdar a memoria dos gaiteiros de Soutelo e de lembrar a traxedia que aconteceu na denominada "zona cero" dos incendios forestais do 2006, nos montes de Cotobade, unha estrada completamente renovada que camiña a carón do río Lérez, conduce a un cara as aldeas de Paredes e Praderrei, entre as cales se atopa unha das concentracións de gravuras na pedra -é dicir, de petroglifos- máis importantes de Europa e a carón das cales foi levantado un edificio dificilmente adxetivable (sen que esta expresión teña que ser interpretada con sentido pexorativo) dentro da cal foi montada unha moi interesante exposición, tan docente como atractiva, que achega un caudal de información sobre unha cultura -a cultura rupestre- cuxos vestixios se atopan repartidos por moi distinos lugares pétreos da xeografía galega.

Aínda que o máis interesante é, sen dúbida, o itinerario que se pode facer polos conxuntos de petroglifos que se espallan polo monte.

Agora ben, o motivo da miña primeira pregunta non era baladí e non pretendía poñer en evidencia o seu caudal de coñecemento, senón facer unha reflexión sobre a gran eiva coa que nacemos os galegos, esa que fai que sexamos capaces de inventar a pólvora de sete estralos e permitir que no la comercialicen outros. E digo isto porque, sabe cantos coches había estacionados agardando polos visitantes de tan atractivo proxecto? Concretamente cinco. Un de Talavera, outro de Portugal, outro de Madrid, outro de Vigo e o meu de Celanova. Toda unha multitude que fala moito do ben que sabemos vendernos os galegos.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES