Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Este non é o lugar, Sr. Fraga

lunes, 18 de octubre de 2004
Hai xa tempo facía furor unha canción que repetía como estribillo o seu título que proclamaba "Que difícil es hacer el amor en un Simca 1000!".

O que en tempos parecía unha hipérbole vai resultar que só era cuestión de uns adiantados no tempo se temos en conta unha reportaxe que lin hai uns días, non recordo en que xornal porque todos acaban por parecerse, de que os coches tamén se estimaban polas posibilidades de arrexuntamento nos asentos posteriores, e que se os vehículos automóbiles se anunciaban case sempre con rapazas despampanantes colocadas sobre os seus capós era, precisamente, para despertar nos posibles compradores (masculinos, por suposto) sonos eróticos de aventuras galantes coa posesión de coche e "complementos".

Non era un Simca 1000, senón un coche oficial o utilizado por Manuel Fraga, Presidente da Xunta de Galicia para tentar convencer días pasados ó Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, de que Ence debía permanecer naquela cidade.

Pero Lores non se deixou impresionar polo marco da conversa nin conquistar polos argumentos presidenciais, e recordou días despois a Fraga que un coche oficial non é lugar para negociar sobre a empresa das celulosas de Pontevedra.

Parodiando a xa vella canción, ¡qué difícil é dialogar de temas serios nun coche oficial!. Parece como se faltase o "clima" axeitado; como se os conversadores non estivesen en ambiente.

Eu agardo, de todas maneiras, que esto non salla de Galicia e poida chegar a coñecemento da Dirección Xeral de Tráfico, agora que está co tema do carnet por puntos. Porque a saber a penalización que tería unha escena deste tipo no interior dun coche (ademáis, oficial). Seguro que ó chofer -que son os que, na nova norma cargan con todo- caíalle o pelo, quitábanlle o carnet e detíñano por escándalo público.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES