Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Impresentable Consello

miércoles, 28 de septiembre de 2011
As entidades públicas da Comunicación están dotadas dun Consello de Administración que garante o cumprimento dos fins para os que estas entidades naceron, e rixan os destinos duns medios públicos que deben estar ó servizo da cidadanía por riba de calquera consideración partidaria.
Nestes medios, os profesionais da información teñen que gozar dunha liberdade absoluta á hora de informar, sendo responsables dos seus actos, do seu traballo, das informacións que suscriban, sen máis limitacións que o dereito á intimidade das persoas, o respecto á verdade, a imparcialidade e a búsqueda da igualdade a través da información.
O Consello de RTVE, chamado a gobernar os destinos do maior ente informativo do Estado español tivo días pasados o maior erro ou patinazo que pode dar un conxunto de persoas que se supón capacitado para dilucidar calquera continxencia. E acordou, con algúns honrosos votos en contra, poder acceder ó control dos sistemas de edición de Televisión española para seguir o traballo dos profesionais da información, coñecendo as informacións previamente á súa difusión.
A xustificación tardía de que só pretendían consultar as informacións para facilitar o exercicio das competencias do Consello no contentou nin convenceu a ninguén, pois o propio peso da intención expresada desacredita a iniciativa en si.
Nun tempo que a liberdade informativa é unha realidade irrenunciable, en que o traballo dos profesionais debe ser escrupulosamente respectado, a impresentable iniciativa convirte en impresentable ó Consello en conxunto e de xeito especial a todos os seus membros que non votaron en contra. Erros coma ese non son aceptables en persoas ás que cabe supor unha mínima preparación social e de convivencia libre, e por un voto en falso quedan invalidadas para a súa función. Un dos membros, xa dimitiu. A ver que fai o resto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES