Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atentado en Vilalba

miércoles, 28 de septiembre de 2011
Cando falo de Vilalba, góstame ter a festa en paz e se o tempo o permite, falar de cousas amables. Pero a actualidade está empeñada en levar a contraria neso da amabilidade e hoxe o tema dáseme obrigado.

É igual que o artefacto fose caseiro ou industrial, que causase desperfectos importantes ou leves, o certo é que se trata dun atentado terrorista, chámeselle kale borroka, suprema gamberrada ou calquera outra definición que bautice un delito coma este.

Que eu saiba, a primeira forza nacionalista galega, o Bng, foi a primeira en condenar este ataque contra a casa que foi residencia de Fraga e sede da Fundación Manuel Fraga Iribarne, sinalando que a violencia non ten cabida na sociedade galega, que o pobo galego ten clara conciencia pacifista e repúgnalle enormemente calquera tipo de agresión contra as persoas e os seus bens. Califica os feitos de lamentables e agarda que os corpos e forzas de seguridade do Estado identifiquen canto antes aos responsables. O mesmo fixeron o Partido Popular e o Psoe, que lamentan este ataque contra a liberdade e a seguridade das persoas, que ven producir intranquilidade e trae consigo o risco para a seguridade dos vilalbeses.

Como a condena xa está feita por políticos e particulares, e xa o feito se condena por si mesmo, eu quero chamar a atención sobre feitos coma este ós que coidabamos estar alleos, que se manifestan de moi diversa maneira, e que en Lugo nas últimas semanas se traducen na queima de contedores de lixo, con altísimas chamas que chamuscan e queiman as fachadas diante das que están colocados os contedores, con importantes danos, susto para os afectados, e enrarecemento dun ambiente social que precisa tranquilidade para vivir normalmente.

Os recentes casos nas rúas dos Gardas e García Abad son chamadas de atención para as autoridades e corpos de seguridade, e esto de Vilalba un toque de atención importante cara o que puidera non ser máis ca unha gamberrada cunha certa especialización, ou un atentado con escaseza de medios. En calquera caso, preocupante.

Volve de novo Vilalba a estar no ollo do furacán informativo. Ó noso pesar.

O dito: góstannos máis as noticias amables que estas que nos falan de desaxustes nas cabezas dos aprendices de terroristas. E Vilalba merece seguir sendo o lugar tranquilo, cheo de xente normal, que se comporta con normalidade.

Ogallá que poidamos axiña lembrar estes feitos como un mal soño dunha noite de comezos de outono.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES