Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un home corrente de mirada tenra

lunes, 26 de septiembre de 2011
Un home corrente de mirada tenra Do labor pescudador de Manolo Curiel van xurdindo xeitosos froitos que nos sentan ben ós que disfrutamos co cine, nos mergullamos na maxia das historias e facemos nosos uns heroes de ficción encarnados nos actores que os representan. Deste xeito, Curiel cos seus traballos biográficos achéganos ás mulleres e ós homes traballadores do noso cine, despoxados dos aditamentos e pompas das súas personaxes, amosándonos o ser humano que hai detrás.
Puidemos así descubrir a tremenda humanidade que desprende o terrible Frank Braña, a afabilidade de Carmen Correa ou a dozura e sensibilidade exquisita do xa por sempre amigo Eduardo Fajardo. E agora achéganos a un home corrente de tenra mirada, que se chamou Antonio Casal e que, armado de sinxeleza, traballo, naturalidade, constancia, conseguiu figurar en lugar de honra no cine e na televisión hispana en tempos nos que a pequena pantalla comezou a ser señora dos nosos ocios e das nosas olladas.
Antonio Casal, o da mirada tenra, era un home corrente na súa vida, no seu traballo, na súa relación con todos. Porque ser home corrente quere dicir que se ilusionaba e sofría como se ilusionan e sofren os homes correntes, que creou unha familia de xente corrente para a que vivía, que obtivo sona e triunfou pero nunca sufríu do mal de orgullo ou presunción, como os homes sinxelos e correntes.
E tivo, ademáis, a sorte que poucos dos que se dedican a estas artes teñen: a de ter continuación familiar no seu traballo, que a súa filla María Casal ten xa unha longa traxectoria de actuacións e triunfos, tendo herdado de seu pai esa especial característica da xente corrente: recoñecer neste home sinxelo como mestre e o guía, considerar a súa profesion como un dos traballos máis fermosos do mundo, e someterse a un veredicto imposible de percibir tendo a seguridade de que o home corrente sentiría un inmenso pracer ó ver que a súa filla herdaba as súas querencias artísticas, triunfa na escea, pero nunca deixara de ser unha rapaza “corrente”.
Antonio Casal foi obxecto dunha homenaxe na XXXIII Semana de Cine de Lugo, e os seus fillos María e Jesús Antonio estiveron connosco para recibir o agarimo que o seu pai segue a despertar.
Porque a todos –os galegos sabemos moito desto- góstannos os homes e as mulleres correntes, coma nós. E pérdennos as olladas tenras. Por iso estiveron connosco María Casal, Jesús Antonio Casal e outros varios membros da súa xente. Estivemos en familia. Ser “corrente” ten esa vantaxe.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES