Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crisis dixital

lunes, 26 de septiembre de 2011
Cantas veces teremos oído que Internet ten un futuro perfecto, que os medios en Internet son os medios do futuro por inmediatez, por gratuidade, por ámbito...
É verdade que os navíos dixitais que navegamos por Internet temos garantido o contacto cos nosos destinatarios internautas aínda que vivan na fin do mundo, que as nosas mensaxes chegan sen intermediarios e de xeito gratuito, que sempre están aí nos arquivos a disposición do interesado, e que a elas pode respostar de xeito inmediato. Ninguén pode dar máis coas tecnoloxías que hoxe coñecemos.
O futuro de Internet promete ser esplendoroso. O malo é este presente que nos tocou vivir no que en Galicia van zozobrando, unha tras outra, iniciativas meritorias que merecían mellor sorte.
No prazo de meses desapareceron Vieiros, Xornal (antes xa desaparecera a edición impresa) e agora A Nosa Terra, cabeceira herdeira dun xornal nacionalista mítico na historia de Galicia do século XX.
A crise leva a culpa de todo, e neste caso así será. Porque a política de contención de gastos nas administracións, o recorte do que pode parecer superfluo, provoca unha cadea de desconexións económicas das que todos nos imos perxudicando un pouco, e na que algúns medios non poden resistir o continuo tsunami económico que acaba por levalos.
Nós seguimos crendo que Internet é o futuro, que os medios a través de Internet teñen todas as vantaxes para resistir e vencer, aínda que por ser os máis novos sufran máis directamente os embates do temporal que pretende asolarnos.
O dixital parece estar en crise. Pero non é verdade. O que está en crise é o modelo económico e a mesma sociedade. Imponse seguir camiñando, na busca dese futuro perfecto co que soñamos todos os que vivimos Internet.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania