Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Señor Colón

jueves, 14 de octubre de 2004
Cando eu era pequeno, unha das cancións que teño escoitado dicía algo tan extraño como "el señor Colón / era zapatero / y hasta con los pies /ganaba el dinero./ ¡Ay, Señor Colón!".

Malos tempos para o Señor Colón... Hoxe os zapateiros remendóns teñen pouco traballo. E posto a falar de descubrimentos, veño de escoitar que de "Colón" ven "colonizar" e "colonialismo", que non deixan quedar moi ben ó descubridor que moitos queren que fose xenovés, outros anceiamos que tivese orixe galego, pero que vai resultar foi dos últimos en chegar a América, novo continente ó que moitos anos antes xa chegaran os viquingos.

Os seus presuntos restos na catedral de Sevilla chaman a atención dos investigadores, pero o resultado da análise do Adn non aclara nada e poden pertencer ou non ó Almirante.

Pero a peor nova en relación co Señor Colón ven da Venezuela do Sr. Chaves onde veñen de xulgalo e condenalo por "crimes contra a humanidade", e a unha estatua colocada no centro de Carácas colocáronlle corda ó pescozo e guindaron dela o mesmo que aquela de Sadan Hussein que simbolizou a súa caída.

En fin... Que cinco séculos non son nada cando se trata de manipulación política, de arrimar o lume á sardiña propia, de facer pagar presuntas afrentas ó que xa non pode defenderse.

O Señor Colón, cinco séculos despois, é un martir da política e segue a despertar as naturais simpatías e incomprensibles xenreiras.

Dentro de cincocentos anos, ¿Alguén lembrará algún dos nosos persoeiros que hoxe coidan ser o embigo do mundo?.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES