Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manolo, o pintor

viernes, 23 de septiembre de 2011
Algúns chámanlle “Manolo” a Curiel, pero para os que andamos no medio da Semana de Cine de Lugo, Manolo é outro. Curiel é Curiel; e “Lolo”, especialmente para os da Fonsagrada.
Manolo, para todos nós, é un mago dos pinceis que desde as primeiras semanas rotulou e pintou no frontal do Gran Teatro o título e sinais de identidade das películas máis destacadas.
Cando empezaron as nosas citas anuais co Cine, Manolo tiña xa unha moi longa traxectoria como pintor e rotulador, por conta allea ou propia, nos máis diversos soportes e sobre infinitos temas. Pero a súa maior arte demostrábaa cando no Gran Teatro e no Kursal, e por veces no Central Cinema e no Cine España deixaba patente que para que un espectador recibise o impacto visual de cada película, facía falla que un artista puxese as súas mans e a súa arte ó servizo do Cine, aportando maxia á maxia da película.
Manolo creou para publicitar as películas da Semana de Cine imaxes irrepetibles que daban un toque lucense e humano ás cintas universais; os seus rótulos e anuncios parecían nimbados por luces de neón para aportar calor e cor ás películas máis sobranceiras. E así, ano tras ano, Semana tras Semana, película tras película, durante case un cuarto de século.
Agora, as modernas técnicas de reproducción fan milagros, e cada película entra polos nosos ollos cunha perfección exacta, cunha exactitude perfecta. Pero nunca será o mesmo.
Por eso, porque sabemos que a perfección das máquinas e das técnicas nunca conseguirán o toque humano do artista, lembrámonos do noso Manolo, Manolo Piñeiro, do Manolo Pintor da Semana do Cine, e facémoslle homenaxe de admiración e de agarimo, cunha aperta de todos os que en Lugo amamos o cine.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania