Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Segundo a Renda

viernes, 23 de septiembre de 2011
Os impostos directos parecen os máis xustos, por acomodarse á realidade do contribuínte, e este ten que corresponder coas arcas públicas na medida da súa dispoñibilidade. Os indirectos, nos que todos pagamos o mesmo, cargan directamente determinados consumos, e sófrenos en igual medida os que difícilmente chegan a fin de mes e os que van sobrados pola vida.
Soan campás en relación coa posibilidade de que esto cambie, e haxa determinados servizos ate agora de precio único que haxa que afrontalos de acordo coa declaración da renda do afectado. Da mesma maneira que na actualidade esta declaración xa serve de base para ter ou non preferencia na obtención de praza nun colexio público, ou para conseguir determinadas axudas, obter cheques de garderías ou conseguir transporte de dependentes.
Fálase do transporte escolar, os comedores escolares, a asistencia xurídica gratuita, pero non hai ningunha información oficial ó respecto. Fálase, tamén, das multas de tráfico, que parece algo revolucionario afrontalas así pero posiblemente sexa a única maneira de que sexan equitativas e exemplarizantes.
Como un exemplo da diferencia de potencial económico entre os automovilistas, están as estatísticas de vendas de coches en Galicia nos oito primeiros meses do presente ano: Mentras as vendas de coches en xeral sufriron unha merca de preto do 40%, a venda de coches de luxo – cun valor por vehículo de 50.000 euros como mínimo- subíu case outro tanto, un 38, 5%. E todos, os que compran duns ou doutros modelos, pagan o mesmo o combustible ou as multas de tráfico.
É complicado o sistema, pero se trae consigo unha maior recaudación, seguro que a Administración encontrará o xeito legal e administrativo de artellar unha solución para que a Renda signifique no futuro aínda máis que na actualidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES