Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Postos de traballo

jueves, 22 de septiembre de 2011
É a primeira necesidade do Estado. É a primeira necesidade de Galicia. A creación de postos de traballo.
¿Cantos?: Os que se poida.
Unha alta autoridade do Partido Popular proclamou que o seu partido, de gañar as eleccións, crearía tres millóns e medio de postos de traballo, tendo como primeira tarefa facer nacer un millón de pequenos empresarios ou autónomos, facilitando o seu desenvolvemento, para lograr esa cifra máxica que solucionaría – ou case – o primeiro dos nosos gravísimos problemas.
A promesa resultou demasiado forte e poucas horas despois era matizada, por non decir que anulada. Era demasiado fermoso para ser certo ese compromiso que despois de todo tampouco compromete a moito, e ven recordar aquela promesa de hai anos de creación de varios centos de miles de postos de traballo, que non se crearon senón que se destruíron, e foi un continuo calvario para o goberno encargado de crealos.
Moito teñen que cambiar as circunstancias para que se creen postos de traballo, coa que está caendo. Moito teñen que animarse os investidores, e moito teñen que animarse os futuros empresarios ou autónomos para enfrontarse ás circunstancias e convertirse en traballadores por conta propia e posibles contratadores doutros traballadores.
Nestes momentos, nestes tempos, a política a seguir é unha liña recta con infinitas aristas onde todo consiste en recortar para axustar gastos a ingresos, nos particulares e nas institucións oficiais. Con esta política, plenamente xustificable se o que se quere é sanear as contas, o resultado é unha menor fluidez de mercado, restricción de actividade, contención absoluta.
Que hai outras políticas, sábeno todos sen que sexa preciso ser especialistas. E outros exemplos hai polo mundo adiante de que outro xeito de enfrontar a crise é posible. Pero temos elexido a contención, e polo tanto non apostamos pola creación do emprego. Aínda que – quen sabe!- calquera día nos dan unha sorpresa. Antes ou despois do 20N.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES