Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sindicatos

miércoles, 21 de septiembre de 2011
Un dos pilares da economía e do Estado son os traballadores, corazón de calquera empresa, que se fan oir a través das correspondentes agrupacións ou sindicatos.
No Franquismo existíu en España a chamada Organización Sindical, con Ministro propio, na que confluían en dúas grandes ramas os traballadores e os empresarios. O resultado era un xenuino aparato, debidamente controlado polo goberno de turno, con organización propia, na que estaban infiltrados elementos sindicais que logo apareceron en lugar destacado dos verdadeiros sindicatos, que pervivíu ata o advenimento da Democracia.
Coa democracia, os sindicatos víronse recoñecidos, recibiron parte do patrimonio sindical en base a pasados agravios expropiatorios, e comezaron a sosterse – o mesmo que os partidos políticos- dos presupostos do Estado, o que ven ser un contrasentido porque liberdade e dependencia económica conxenian mal.
Se os políticos están mal considerados pola sociedade, os sindicatos deberían estudiar o seu pasado e o seu presente. Porque aparte desa dependencia, é moi difícil de asumir, máis nestes tempos, a existencia de tan numerosos liberados sindicais que cobran por exercer o seu papel sindicalista nas empresas ou na Administración, dedicándose en exclusiva a esa tarefa.
Un goberno autonómico ven de dar a primeira badalada de atención ó anunciar que, en tempo de racionalización e aforro, vai suprimir unha cifra importante de liberados sindicais, que deberán exercer a súa función á vez que desempeñan un posto de traballo.
Non se trata de volver ós tempos da clandestinidade. Trátase de racionalizar, e que as organizacións sindicais se traballen as afiliacións, vivan dos seus afiliados e reestructuren unhas organizacións que a ollos de todos parecen un contrasentido.
O mesmo, para os partidos políticos. Que son poderes fácticos en base ós seus afiliados e simpatizantes, pero non poderían existir co que eses afiliados e simpatizantes están dispostos a aportar.
Vaian reformándose xa, antes que se forme un sindicato de descontentos que aspire a sustituílos nas prebendas que obteñen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES