Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Froilán

miércoles, 13 de octubre de 2004
Foi Cunqueiro quen dixo -e Cunqueiro en materia de festas e costumes mundanas era infalible- que o San Froilán (en concreto o Domingo das Mozas) era a festa máis fermosa do outono galego.

O San Froilán, que se celebra en Lugo desde hai 250 anos, é a festa máis popular de Galicia, e este ano ven de poñerse de novo de manifesto.

E se o tempo varios días non axudou nada, o espíritu festeiro, as gañas de pasalo ben, e tódolos demáis factores intanxibles que inflúen nas festas, conseguiron que este fose un San Froilán para a historia, para lembrar, e para tentar que aínda medre máis se é posible.

Que os Duques de Lugo, e ZP-Presidente, e dúas ministras do goberno acudiran a Lugo con este motivo son dous síntomas máis da soa que estas festas máis que centenarias están collendo.

A min paréceme moi ben que haxa visitas -máis ou menos interesadas, en canto á política se refire- porque é sinal de que existimos. E se estas visitas se traducen en resultados tanxibles para o futuro, mellor que mellor.

O Partido do Goberno ata de agora non fixo máis que predicar. Se logo nos da trigo, perfecto. Se nos proporciona unha ponte, e autovías, e Ave, e non sei cantas cousas máis, ¡amén!. Veremos que aínda que sexa polo interese, quérenos.

E mentras, ¡Viva San Froilán!, que segue a dar pretexto para as maiores xuntanzas do ano en Lugo, e as maiores ocasións económicas para o noso mundo do turismo.

Durante nove días fomos a capital de Galicia. ¡Que dure!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES