Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Impostos oportunistas

martes, 20 de septiembre de 2011
A sesenta días vista das temidas por uns ansiadas por case todos eleccións xerais, aínda non se desataron todos os ventos electorais e dominan o panorama as tendencias, os movementos, os xestos que forman parte da gran campaña que domina toda a nosa vida política.
O último argumento esgrimido, o mal chamado imposto “dos ricos”, das grandes fortunas ou dos máis poderosos económicamente, que ó final quedouse na resurrección do que coidabamos fenecido “Imposto do patrimonio”.
Como xa existen impostos graduais no noso ordenamento legal, e quen máis gaña é o que máis paga, non se pode andar planteando a reforma desta escala do Imposto de rendementos das persoas físicas. Porque este imposto non está mal e afecta ós que afecta. Como ninguén ousa profundar na aplicación deste imposto fóra das nóminas controladas, pois hai que buscar outros elementos de discusión que no PSOE é o importo sobre o patrimonio, en Núñez Feijoo que as rendas máis altas paguen máis, e en todos que os controles de Hacienda funcionen máis xustamente a todos nos niveis e non só nos niveis máis doados.
No imposto do Patrimonio nin todos os seus impulsores están de acordo, nin no cálculo de a cantos contribuíntes afectará (parece que arredor de 160.000), nin no tempo en que vai estar vixente. En Galicia fálase de entre 8.000 e 9.000 contribuíntes que aportarán ás arcas públicas algo máis de corenta millóns de euros. Moita viaxe para alforxas ben modestas.
O malo é esta toma de medidas dous meses antes dunhas eleccións das que se espera un cambio radical nos gobernantes, no tipo de goberno, nos xeitos e nos obxectivos. O que fai temer que calquera medida de alcance que agora se tome sexa flor dun día nos tempos que se avecinan. Ou non.
Pero o oportunismo, político ou económico, ninguén llo quita a estas medidas urxentes e improvisadas. Que fan pensar que o timón da nave na que viaxamos é manexado con man lixeira, ou son moitas mans as que gobernan nel.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES