Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agustín Fernández Paz: na cerna da palabra

lunes, 19 de septiembre de 2011
Agustín Fernández Paz é un neno grande de San Simón da Costa, aló polas terras chairegas de Vilalba. E aínda que por cousas dese nordés tolo que tira de nosoutros cara abaixo ande agora a contemplar a prata dos soños dos galeóns afundidos en Rande, polas noites, cando o silencio cae encol das lombas viguesas e o lusco fusco se rende nos piñeiros das Cíes, el volta decote ao rego de Rocamonde, da Ribeira, de Laxoso, ás pedras vellas de Samarugo, ao intenso ulido do soro no prensado e as alindadas collendo castañas polos soutos, á feira grande vilalbesa, que, semana si semana non, percorren os xateiros da contorna e os cegos romanceadores, que lle traen airexas de mundos ignotos e sorprendentes.

E velaí que un día o pícaro de San Simón vén a grandiño e o seu maxín privilexiado demanda retos maiores nos que se ocupar.

Fórmase como perito industrial e tamén como mestre, pois descobre ben cedo que contar é o seu, así sexan saberes mil ou imaxinacións sen número, o caso é dicir pola arte da palabra o universo todo.

Daquela, as aventuras que no seu interior ían, as peripecias dos personaxes de Stevenson, Salgari, Poe, Twain ou Verne, as fazañas do Capitán Trueno ou Flash Gordon que imbaba devecido aquel rapazolo que non vira televisor ningún ata feitos os trece anos, pero que oía aglaiado as historias que seu pai, carpinteiro e músico moi ledor, lles contaba a el e a seus irmáns, acabarían por pousar dondamente no papel e agurgullar como fonte manancial.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES