Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As augas mansas

lunes, 11 de octubre de 2004
Nestes intres temos que da-las gracias ao equipo de Goberno Municipal por acadar unha cidade de augas mansas. Pero ás veces as augas están mansas non porque as cousas se fagan ben, senón porque dende o cumio do poder se fai todo o posible de acalar as voces discrepantes con formas e actos que nada teñen que ver coa andaina democrática deste país. Aquí non pasa nada. Estás comigo ou senón contra min, o termo medio xa non existe. A esencia da democracia son esas voces discrepantes constructivas e tamén de cando en vez algunha que outra autocrítica por parte do quen goberna (cousa que aínda non escoitei ao noso primeiro mandatario do Concello de Vilagarcía de Arousa). Si todo está como unha balsa de aceite, quere dicir que algo fede por dentro das estructuras políticas.
Dende esta tribuna quérolle da-las gracias ao Sr.Alcalde por contestarme nun escrito oficial da Xunta de Goberno do día 30 de agosto ante a solicitude avalada por 200 sinaturas pedíndolle a limpeza da praia do Preguntoiro e o control da velocidade nas proximidades da citada praia.
A contestación di textualmente: “comunícase que esta praia recibe o mesmo tratamento de limpeza e coa mesma frecuencia que as outras praias municipais, e en relación ao tráfico sinalar que se están tomando as medidas oportunas...”
Agora cun papel oficial xa se resolve o problema, agora as demandas e queixas dos cidadáns e a participación cidadán vótanse á papeleira, sendo no penúltimo caso tratar de xudicializar algún que outro problema e por último (se non queres unha cunca de caldo tomas dúas) medidas policiais.
Isto tamén ven a conto ante o problema dos veciños afectados de Xoán XXIII, coido que teñen razón nas súas reivindicacións e hai que atendelos para darlle unha solución o máis axiña posible, pois non se resolven con papeis oficiais, xudiciais nin policiais. Coido que imos para atrás nisto da participación cidadán. Non é unha materia pendente da democracia en España, xa que nos primeiros anos desta democracia había máis participación da sociedade nos asuntos municipais, agora esta participación vai en consonancia co talante do Alcalde de quenda.
A sociedade demanda máis claridade nos asuntos municipais, e dende o poder estase a pechar bocas con prebendas, e por si acaso falla algo empúrrase ao Comisario Político que faga de bombeiro, apagará o lume, ao día seguinte calma borrada, augas mansas e balsa de aceite.
Claridade fai falla tamén no asunto de contratación dun xestor cultural proposto polo Concelleiro de Cultura na Xunta de Goberno do 06 de setembro. Se falo de claridade é por que temos un Técnico Superior de Cultura de plantilla (por certo moi bo) e o teñen nunha neveira dende fai algún tempo a arrefriar. Coido que ten que poñerse a organizar xa dunha vez por todas todo aquilo que lle compete como Técnico Superior. Non é de recibo que esteamos pagando un funcionario en dique seco porque ao Sr. Concelleiro lle poida caer máis ou menos mal. Este funcionario está para servir a cidadanía e coido que non é moi ético contratar outra persoa (que temos que pagar dobremente) que faga as funcións do que está nese dique seco. Poñamos a funcionar o que temos, e si por circunstancias de desbordamento e que efectivamente fai falla esa persoa, logo será cando se poida contratar con razóns máis clarificantes.
Por sorte aínda temos dentro das augas mansas, unha persoa que non son capaces de amansar. Unha voz discrepante, cos seus erros e as súas virtudes, o Sr. máis guapo, máis alto e máis rubio da Corporación, palabras ditas polo voceiro socialista. Carallo, eu non vexo ao Sr. Fajardo tan guapo, nin tan alto e de rubio ren de ren, a non ser que se teñira estes días.
A partir do último Pleno, penso que seguiran as augas mansas neste pobo, pero xa empezan estas augas a ser máis clarificantes para saber quen é quen en talantes non moi democráticos.

Vilaxoán, 09-10-2004
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES